Ifor Owen, nado en Cefnddwysarn o 3 de xullo de 1915 e finado en Dolgellau o 22 de maio de 2007 foi un profesor, ilustrador e historietista galés coñecido como o creador de Hwyl, a primeira revista infantil de banda deseñada en lingua galesa.
Traxectoria Durante a súa infancia foi membro do movemento xuvenil Urdd Gobaith Cymru e estudou na Boys' Grammar School en Bala e no Bangor Normal College, formándose despois como profesor especializado en arte e ciencia, e os 21 anos logrou praza nun colexio en Croesor e alí permaneceu ata 1948 para pasar a dar clases nunha escola en Gwyddelwern ata 1954 cando comezou a dar clases en Llanuwchllyn ata 1976.
Obra Owen comezou o seu traballo como ilustrador mentres residía en Croesor, aproveitando que o colexio estaba pechado polo xarampón. O primeiro libro que ilustrou foi Yr Hen Wraig Bach a'i Mochyn (1946) ao que seguiron outros para editoriais galesas. En 1949 xunto con DJ Williams publicou Hwyl, a primeira revista de banda deseñada infantil en lingua galesa, creando moitos personaxes, como Defi John e Tomi Puw, Meri Ann, Prisila Puw e Pero Bach. Hwyl editouse entre 1949 e 1989, vendendo arredor de 8.000 exemplares por números.
Notas
Categoría:Nados en 1915 Categoría:Nados en Gwynedd Categoría:Finados en 2007 Categoría:Personalidades da banda deseñada Categoría:Ilustradores de Gales