Roberto López Ufarte, nado o 19 de abril de 1958 en Fez é un exfutbolista española que xogaba na demarcación de dianteiro.

Traxectoria Naceu en Fez, Marrocos, de pai catalán e nai andaluza pero con oito anos a familia múdase a Irún, onde comeza a xogar a fútbol.

Tras un breve paso pola categoría de xuvenís debuta en Terceira División co Real Unión de Irún con 15 anos. Pouco despois fichou pola Real Sociedad de Fútbol de Donostia aínda que permaneceu un ano máis en Irún como cedido.

No club donostiarra trascurriu a maior parte da súa carreira, no que disputou 363 encontros de liga e anotou 101 goles. A xeración composta polo propio Ufarte e xogadores coma Luis Miguel Arconada, Jesús María Satrústegui ou Zamora foi unha das mellores do club e a máis laureada da súa historia.

En 1987 fichou polo Atlético de Madrid e ao ano seguinte polo Real Betis, co que sufriu o descenso a Segunda División

Unha vez retirado formou parte do equipo técnico da Real Sociedad moitos anos, sendo o segundo de varios adestradores.

Palmarés TítuloClubPaísAnoLigaReal Sociedad de FútbolEspaña1981LigaReal Sociedad de FútbolEspaña1982SupercopaReal Sociedad de FútbolEspaña1982Copa do ReiReal Sociedad de FútbolEspaña 1987

Categoría:Nados en 1958 Categoría:Nados en Fez Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Futbolistas de España Categoría:Xogadores do Real Unión Categoría:Xogadores da Real Sociedad Categoría:Xogadores do Atlético de Madrid Categoría:Xogadores do Real Betis Balompié Categoría:Xogadores da selección de fútbol de España Categoría:Directores deportivos de fútbol de España