Ramón Barreiro Vázquez, nado en Castronuño (Valladolid) o 28 de agosto de 1906 e finado en Madrid o 1 de maio de 1981,Necrolóxica en ABC, 5-5-1981, p. 108. foi un fotógrafo, cineasta e escritor galego.

Traxectoria Barreiro era fillo do fotógrafo estratense Ramón Barreiro Barcala, primeiro establecido en México e despois en Pontevedra. En 1925 comezou a colaborar co seu irmán Enrique coa rodaxe de filmes e coas súas investigacións co cinema en cor, como o documental Pontevedra, cuna de Colón, estreado no Teatro Principal de Pontevedra en 1927.

En 1932 montou con Enrique e o pintor Ramón Peña a produtora Folk, coa que rodaron noticieiros e filmes como Por unha Galicia nova, en apoio do estatuto de autonomía. As dificultades financeiras e as desavinzas co irmán levárono a trasladarse a Madrid en 1935 para dedicarse á publicidade. En 1936 foi contratado pola empresa CEA para realizar os documentais Jerez, El monasterio de piedra e Velázquez. Durante a guerra civil traballou para o bando republicano e realizou a curtametraxe Madrid heroico para o SUICEP (Sindicato Único de la Industria Cinematográfica y Espectáculos Públicos), dependente da CNT

Ao remate da guerra retornou a Pontevedra en abril de 1939,El Pueblo Gallego, 19-4-1939, p. 2. e lavou a súa reputación co libro Metralla blanca del Madrid rojo (1939). Iniciou unha carreira literaria, escribiu unha obra teatral para nenos e publicou o libro Nosotros los hombres (1943); tamén colaborou no diario Informaciones. Na década de 1940 dirixiu varias películas documentais como a serie Retablo español. En 1944 dirixiu a súa primeira longametraxe, El sobrino de don Búfalo Bill, primeiro dos seus filmes de humor e parodia.

Realizou programas en Televisión Española como Club mediodía e Teleclub, volvendo ao cinema esporadicamente, como ao traballar como coguionista do filme de León Klimovsky Torrejón City (1962).

Filmografía El sobrino de don Búfalo Bill, 1944. El otro Fu-Man-Chú, 1946. El pirata Bocanegra, 1946-49. Póker de Ases, 1947. Pototo, Boliche y compañía, 1948.

Obra literaria Metralla blanca del Madrid rojo, 1939. Nosotros los hombres, 1943. El nuevo pecado de Adán y Eva, 1965.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Historia do cinema de Galicia

Categoría:Directores de cinema de Galicia Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Nados en Castronuño Categoría:Nados en 1906 Categoría:Finados en 1981