Bulus Nabil al-SayaTamén Paul Nabil El-Sayah segundo a tradución e romanización francesa do seu nome. (en ), nado o 29 de decembro de 1939 en Ain al-Kharrubi (Líbano), é un arcebispo maronita libanés, arcebispo de Haifa e Terra Santa e exarca patriarcal de Xerusalén e Palestina entre 1996 e 2011, e dende 2011 até 2016 bispo curial do patriarcado de Antioquía. Traxectoria Foi ordenado sacerdote o 6 de agosto de 1967. O 8 de xuño de 1996 foi nomeado arcebispo de Haifa e Terra Santa, e exarca patriarcal de Xordania e Xerusalén e Palestina. Recibiu a consagración espicopal de mans do patriarca de Antioquía Nasrala Pedro Sufair o 5 de outubro.
O 6 de xuño de 2011 foi elixido bispo curial do patriarcado de Antioquía. Retirouse como bispo curial o 17 de xuño de 2016.
Notas
Categoría:Nados en 1939 Categoría:Nados na gobernación do Monte Líbano Categoría:Bispos da Igrexa católica maronita Categoría:Bispos católicos de Israel Categoría:Bispos católicos do Líbano Categoría:Bispos católicos de Palestina Categoría:Bispos católicos de Xordania Categoría:Alumnos da Universidade San Xosé de Beirut Categoría:Bispos católicos do século XX Categoría:Bispos católicos do século XXI