Sam Simon, nado nos Ánxeles (California) o 6 de xuño de 1955 e finado en Pacific Palisades o 8 de marzo de 2015, foi un produtor de televisión e escritor estadounidense, coñecido por realizar xunto a Matt Groening e James L. Brooks a serie de debuxos animados The Simpsons.
Traxectoria Traballou en series como Cheers ou Taxi. Tamén foi representante dun boxeador de peso pesado, Lamon Brewster, e competiu en diversas edicións das World Series of Poker, finalizando no posto 20 no ano 2009.
No ano 2012 detectóuselle un cancro de colon terminal, polo que decidiu doar o seu patrimonio de 100 millóns de dólares a obras de beneficencia. Morreu o 8 de marzo de 2015 a causa desa enfermidade.
Véxase tamén
Ligazóns externas Historial como xogador profesional de póquer: http://www.wsop.com/players/playerProfile.asp?playerID=9703 Noticia do seu falecemento: http://www.businessinsider.com/simpsons-creator-sam-simon-dead-at-59-gives-to-charity-2015-3 Noticia sobre as actividades deportivas de Sam Simon: http://www.tmz.com/2015/03/09/sam-simon-death-dies-boxing-manager-lamon-brewster/ Entrevista de 60 Minutes con Sam Simon Fundación de Sam Simon para o benestar animal
Categoría:The Simpsons Categoría:Finados en 2015 Categoría:Nados en 1955 Categoría:Nados nos Ánxeles Categoría:Produtores de televisión Categoría:Finados por cancro colorrectal