MTS (acrónimo de Meteoroid Technology Satellite), e tamén nomeado como Explorer 46, foi un satélite artificial pertencente ó programa Explorer lanzado o 13 de agosto de 1972 mediante un foguete Scout D1 desde Wallops Island.
Características MTS pesaba 90 kg ao lanzamento e consistía nunha estrutura central de 320 cm de longo rodeada de paneis con sensores para medir a penetración, velocidade e distribución de fluxo dos meteoroides que se poden atopar no espazo. Os paneis dotábano dunha anchura de 701,5 cm. O satélite alimentábase mediante células solares. Existía un segundo satélite idéntico que nunca foi lanzado e se pode atopar hoxe en día no museo Smithsonian.
Notas
Categoría:Programa Explorer