Xoán XII Pedro al-Hax (en , Yuwhana Butrus al Hax), nado no distrito de Kisruan (Líbano) o 1 de novembro de 1817 e finado o 24 de decembro de 1898, foi o 71º Patriarca de Antioquía e de todo Levante dende o 28 de abril de 1890 até o seu pasamento, e polo tanto cabeza da Igrexa Católica Maronita. Traxectoria Xoán al-Hax naceu en Dlibta, no distrito de Kisruan, o 1 de novembro de 1817, fillo do párroco da aldea. Estudou no seminario de Ain Warqah e foi ordenado sacerdote o 26 de decembro de 1839.

Foi elixido bispo de Balbik, e recibiu a consagración episcopal o 15 de agosto de 1861, de mans do patriarca de Antioquía e todo o Levante Paulo I Pedro.

Logo do pasamento de Masad, o 28 de abril de 1890 al-Hax foi elixido patriarca dos maronitas, cargo que exerceu até a súa morte o 24 de decembro de 1898. Notas

Categoría:Nados en 1817 Categoría:Nados na gobernación do Monte Líbano Categoría:Bispos católicos do Líbano Categoría:Bispos da Igrexa católica maronita Categoría:Bispos católicos do século XIX Categoría:Patriarcas maronitas de Antioquía Categoría:Finados en 1898