As leuconostocáceas (Leuconostocaceae) son unha familia de bacterias grampositivas, situadas dentro da orde das Lactobacillales. Os xéneros representativos son: Fructobacillus, Leuconostoc, Oenococcus, e Weissella. As bacterias que pertencen a estes xéneros non forman esporas, teñen forma redonda (cocos) ou alongada, e son anaeróbicos, anaeróbicos facultativos ou aerotolerantes. Xeralmente viven en hábitats ricos en nutrientes, como produtos vexetais, leite, carne e bebidas fermentadas.Björkroth, J., and W. Holzapfel. 2006. Genera Leuconostoc, Oenococcus and Weissella, p.267 -319. In M. Dworkin (ed.), The prokaryotes: a handbook on the biology of bacteria: Firmicutes, Cyanobacteria, vol. 4, 3rd ed. Springer-Verlag, New York, NY. O principal produto do seu metabolismo heterofermentativo de carbohidratos característico é o ácido láctico. A filoxenia da familia Leuconostocaceae foi recentemente reavaliada.Chelo IM, Ze-Ze L, Tenreiro R. Congruence of evolutionary relationships inside the Leuconostoc-Oenococcus-Weissella clade assessed by phylogenetic analysis of the 16S rRNA gene, dnaA, gyrB, rpoC and dnaK. Int J Syst Evol Microbiol. 2007 February;57(Pt 2):276-86. PMID 17267964
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas As Leuconostocaceae na base de datos de taxonomía do NCBI.
Categoría:Lactobacillales