Transatlanticism é o cuarto álbum da banda estadounidense de indie rock Death Cab for Cutie, publicado o 7 de outubro de 2003 a través do selo Barsuk Records.

Transatlanticism é o segundo álbum conceptual do grupo, e fala sobre o amor a distancia. Do traballo sacáronse tres sinxelos acompañados polos seus respectivos vídeos musicais: "The New Year", "The Sound of Settling" e "Title and Registration". Os dous primeiros, "The New Year" e "The Sound of Settling", acadaron os postos 86 e 84 respectivamente na lista británica de sinxelos.

Transatlanticism tivo boas críticas da crítica tras o seu lanzamento, e está considerado o mellor traballo do grupo, ademais de ser que os deu a coñecer ao gran público. O álbum chegou ao número 97 da lista Billboard 200 e foi certificado ouro pola RIAA tras vender 500.000 copias nos Estados Unidos.

No ano 2013 Barsuk Records publicou Transatlanticism Demos, unha colección de versións demo de cancións do disco para celebrar o décimo aniversario do seu lanzamento.

Listaxe de cancións Todos os temas copostos por Ben Gibbard.

Material extra da reedición

Categoría:Álbums de Death Cab for Cutie Categoría:Álbums musicais de 2003 Categoría:Álbums conceptuais Categoría:Álbums de Barsuk Records