Plataforma del Pueblo Soriano ou P.P.SO. (Plataforma do Pobo Soriano en galego) é un partido político creado en Almazán en 2011Nace Plataforma del Pueblo Soriano, un nuevo partido tras la escisión del PP en Almazán . El Norte de Castilla. como escisión do Partido Popular debido a grandes diferenzas internas do partido. En pouco tempo, o P.P.SO. logrou máis apoio que o Partido Popular na vila e estendeuse á vilas veciñas. Pouco tempo despois, xurdiron afiliados nos grandes núcleos de poboación da provincia de Soria. O P.P.SO. presentou candidaturas para as eleccións municipais de 2011 nos concellos de Almazán, Soria, Covaleda, Torrubia, Frechilla, Velamazán, Coscurita, Torlengua, Villasayas, Matamala de Almazán, Navaleno, Hinojosa del Campo, Tajahuerce, Matute e na entidade menor de poboación de Candilichera. Historia Entre finais de 2010 e comezos de 2011 xurdiu unha grave discrepancia en Almazán entre os afiliados que daban o seu apoio a José Antonio de Miguel Nieto coma candidato do PP ás eleccións municipais e os que apoiaban o candidato imposto pola dirección provincial do partido, Félix Hernández Tajada. Segundo os estatutos do Partido Popular a dirección provincial pode decretar o candidato nos municipios de menos de 10 000 habitantes, e por esa razón o candidato ás municipais foi Hernández Tajada. Isto provocou multitude de baixas no Partido Popular soriano. Xunto a antigos membros do partido, De Miguel decidiu fundar un novo partido en marzo de 2011: a Plataforma del Pueblo Soriano.

En 2011, gañou as eleccións municipais en Almazán por maioría absoluta, conseguindo 7 concelleiros dos 13 existentes no concello; amais logrou en total en toda a provincia 2.144 votos (o 4,21% dos votos totais) e uns 20 concelleiros. Tamén, conseguiu algunhas alcaldías como a do concello Coscurita e un representante na Deputación Provincial de Soria.

O partido decidiu integrarse na candidatura de Ciudadanos para as próximas eleccións autonómicas de maio do 2015 coa esperanza de ser un partido bisagra no concello de Soria e conseguir unha maior representación na deputación de Soria.Plataforma del Pueblo Soriano se integra en Ciudadanos. Europa Press.

Siglas As siglas escollidas inicialmente foron P.P.S., pero como un partido galego tiña as mesmas siglas, tiveron que modificalas, pasando a ser P.P.SO. As siglas de P.P.SO. poden chegar a confundir os votantes xa que son similares ao PSOE e tamén se pode pensar que corresponden a Partido Popular de Soria.

Notas

Categoría:Rexionalismo castelán-leonés Categoría:Forzas políticas de Castela e León