Carnobacterium é un xénero de bacterias grampositivas encadrado na familia Carnobacteriaceae Ludwig et al. 2010 fam. nov.LPSN Carnobacteriaceae As especies C. divergens e C. maltaromaticum encóntranse na natureza e en produtos alimenticios e poden crecer anaerobicamente. Estas especies non son patóxenas para os humanos, pero poden causar doenzas nos peixes.
Unha especie de Carnobacterium, C. maltaromaticum cepa CB1, foi avaliada no Canadá en 1999 como aditivo alimentario para carnes envasadas ao baleiro ou en atmosfera modificada e concluíuse que C. maltaromaticum cepa CB1 non era tóxica para os humanos e o medio ambiente.http://www.ec.gc.ca/subsnouvelles-newsubs/default.asp?lang=En&n=5F5B3F64-1
Notas
Categoría:Lactobacillales