Heróstrato (en grego Ηρόστρατος) foi un incendiario grego, responsable da destrución do Templo de Artemisa en Éfeso,Estrabón, Xeografía, Livro XIV, Capítulo 1, 22 na actual Turquía, considerado unha das sete marabillas do mundo, na noite do 21 de xullo do ano 365 a. C.

O templo, construído en mármore, era considerado un dos máis belos do mundo. Fora erixido para honrar a deusa da caza, da vida salvaxe e do nacemento. Tiña 130 metros, e levantábase sobre columnas de 18 metros de altura.

De acordo coa historia, o único desexo de Heróstrato era conseguir fama a calquera prezo. Lonxe de tentar negar a responsabilidade do seu acto, Heróstrato alegou con orgullo o seu feito para inmortalizar o seu nome na historia.miniatura|Modelo a escala do Templo de Artemisa no Miniaturk Park de Istanbul.|centro Notas

Véxase tamén Bibliografía Borowitz, Albert. Terrorism for Self-glorification: The Herostratos Syndrome. Ohio: Kent State University Press, 2005. Smith, William. Dictionary of Greek and Roman Biography and Mythology. Volume 2. Boston. 1867. Páxina 439.

Categoría:Nados no século -IV Categoría:Finados en -356 Categoría:Personalidades da Grecia antiga