260px|miniatura|O Inn ao seu paso por Susch. O Inn (; ) é un río que atravesa Suíza, Austria e Alemaña. É un afluente pola dereita do Danubio e ten unha lonxitude de 517 km. O punto máis alto da súa bacía fluvial é Piz Bernina a 4049 metros de altura. Xeografía O Inn nace a 2484 metros de altitude, en Lägh dal Lunghin, non lonxe de Col de la Maloja na Engadina nos Grisóns (Suíza), e percorre os lagos de Sils, de Silvaplana e de Saint-Moritz e os concellos de Samedan, Bever, Zuoz, Zernez e Scuol tras o que pasa a fronteira helvético-austríaca, entrando no Tirol austríaco, pasando por Innsbruck (literalmente "ponte do Inns). Entre Kufstein e Erl define a fronteira austro-alemá antes de entrar en Alemaña por Baviera. En Passau desauga no Danubio.
Notas
Categoría:Ríos de Suíza Categoría:Ríos de Austria Categoría:Ríos de Alemaña