Anthony Frank "Tony" Hawk, nado en Carlsbad (California) o 12 de maio de 1968, é un ex-skater e actor alcumado "The Birdman". Hawk é coñecido por ser o primeiro skater en conseguir un 900 e polos videoxogos baseados na súa imaxe, distribuídos por Activision. É considerado como un dos máis exitosos e influentes pioneiros do skate vertical.
No 2002, creou o "Boom Boom HuckJam", unha exhibición de deportes extremos e comezou unha xira que saíu de Las Vegas. Ó longo da súa carreira, Hawk apareceu en numerosos filmes, series e videoxogos. Tamén estivo involucrado en varias actividades filantrópicas, como a súa propia Tony Hawk Foundation que axuda a construír pistas de skate en áreas desfavorecidas.
Vida temperá Tony Hawk naceu o 12 de maio de 1968 en San Diego, California, fillo de Nancy e Frank Peter Rupert Hawk, e criouse en San Diego. Ten dúas irmás máis vellas, Pat e Lenore, e un irmán máis vello, Steve.
Hawk asistiu a tres escolas secundarias e graduouse na Torrey Pines High School en 1986. Enumerou a Steve Caballero e Christian Hosoi como as súas influencias nese momento.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Skaters Categoría:Actores de California Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Filántropos dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1968 Categoría:Nados en Carlsbad