miniatura|Icona indicando unha das saídas da estación de Poble Sec, no metro de Barcelona. En comunicación e semiótica, denomínase icona a calquera signo visual ou imaxe que representa unha entidade física ou simplemente representativa, unha idea, ou un proxecto co que mantén unha relación de semellanza.
As iconas son signos substitutivos, é dicir, poden usarse no lugar da cousa representada, e de contido derivativo: a foto dunha paisaxe, por exemplo, representa a propia paisaxe, o mapa dunha rexión representa a propia rexión etc.
A icona posúe unha relación de semellanza co obxecto que representa. E pode ter tres niveis:
imaxe (aparencia visual) - por exemplo, unha caricatura diagrama (relacións internas e estruturais) - por exemplo, un mapa metáfora (posúe un significado semellante nalgún aspecto) - por exemplo, o león, unha fera indomábel, asociado ao imposto sobre a renda.
Cómpre non confundir as iconas cos glifos, que son, en xeral, signos específicos dun alfabeto cun signo icónico de orixe.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Iconografía
Categoría:Comunicación Categoría:Semiótica