Víctor de Silva Posada, nado en Mondoñedo o 25 de abril de 1858El Regional, 20-1-1908, p. 2. e finado na mesma vila o 27 de decembro de 1925,El Regional, 29-12-1925, p. 3. foi un escritor, historiador e xornalista galego.
Traxectoria Especializado en estudos históricos. Colaborou en El Hermandino e foi redactor de La Juventud e El Reparador de Mondoñedo. Publicou artigos en El Diario de Lugo, La Mañana, Galicia Diplomática, La Voz de Galicia, El Regional, Diario de Pontevedra, El Lucense, El Eco de Vivero e Galicia Recreativa. O seu “Episcopologio Mindoniense”, que comezou a publicarse por capítulos en El Lucense en 1891, quedou ás portas de ver a luz como libro. Militou no Partido Liberal e foi concelleiro de Mondoñedo. Foi membro correspondente da Real Academia da Historia e da Sociedade Económica de Amigos del País. Foi soterrado no Cemiterio Vello de Mondoñedo.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Hai 90 anos que morreu Víctor de Silva Posada
Categoría:Xornalistas de Mondoñedo Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Concelleiros de Mondoñedo Categoría:Nados en Mondoñedo Categoría:Nados en 1858 Categoría:Finados en 1925 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos