Santa María de Gándara é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Zas na comarca da Terra de Soneira. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 503 habitantes (269 homes e 234 mulleres) distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 545 habitantes. Segundo o IGE, no 2018 a súa poboación descendera ata os 365 habitantes, sendo 182 homes e 183 mulleres.
Historia Megalitismo Hai entre 5000 e 7000 anos atopáronse mámoas coma a Mámoa do Cedreiro ou a Mámoa da Mina, entre outras 30 ou 40 mámoas da parroquia. Ten tantas ó atoparse na comarca de Soneira, abundante en mámoas. A mámoa do Cedreiro é inaccesible debido á maleza. A mámoa da Mina, de tipo portela, por onde pasaba un camiño real. Castros Nesta parroquia atopáronse dous castros: Castro de Bico de Cruz ou das Cortellas: Chámanlle `das Cortellas´ porque a xente víalle as casiñas do castro. Curiosamente as casiñas estaban fóra da fortaleza debido ó vento. Só ían á fortaleza cando asaltaban ó castro. Castro de Vilaestévez: No límite con Carreira.
Idade Antiga Nunha leira atopáronse restos dunha vila romana chamados Xacemento romano de Agra de Cruz . Agora están enterrados debaixo dun camiño de terra. Atopáronse moitas tégulas dos séculos II dc e III dc e un anel de pasta vítrea e cerámica `terra sigillata´ de arxila palestina elaborada en Marsella, Francia. Idade Media No cruceiro do Sisto atopáronse estraños símbolos xudaicos no varal que non foron descifrados. En Vilar Ramilo atopáronse restos de cerámica da Baixa Idade Media.
Idade Moderna Atopáronse nunha leira unhas torres chamadas Torres de Surribado, das que non se conserva nada. Eran de fácil defensa. No século XV pasaron ós Moscoso, por mor dunhas débedas impagadas a estes polos seus propietarios. Unha lenda di que antes de acostarse miraban para a Torre da Penela e para o Pazo de Romelle. Non moi lonxe quedan os restos dunha mámoa, non moi lonxe da que se atopou unha machada do Neolítico.
Natureza Bico de Meda: Dende alí vese toda a costa dende Fisterra ata Arteixo. Esta no límite con Carreira. Férveda do Rabiñoso: Está no límite con Coristanco onde hai moitos muíños, todos en ruínas. Atópase no lugar de Vilar Ramilo. Lugares e parroquias Lugares de Gándara
Parroquias de Zas
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Zas
Categoría:Parroquias de Zas Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa María