O escudo da vila de Redondela foi aprobado o 2 de outubro de 2014, e atópase regulado polo Decreto 129/2014 do mesmo ano.. A descrición do escudo, tal e coma se recolle na norma que o regula, e conforme ao aprobado pola Comisión de Heráldica da Xunta de Galicia, é a seguinte:
Historia O concello de Redondela é un dos últimos da Provincia de Pontevedra en aprobar un decreto que regulase a súa heráldica, ao aprobar o decreto que regula o seu escudo no ano 2014. Ademais, non conta con ningunha bandeira oficial regulamentada..
Malia non contar con simboloxía oficial, tradicionalmente veuse empregando un escudo oficioso para representar ao concello nas institucións, documentos, elementos públicos ou actos. Este escudo non oficial, empregado até a aprobación do vixente no ano 2014, diferenciábase do actual na cor do fondo, que neste caso era branco.
Os primeiros vestixios do escudo datan do ano 1700, na fachada dunha vivenda na rúa Isidoro Queimaliños. Tamén na bóveda da Igrexa de Santiago de Redondela pódese observar a representación gráfica do tradicional escudo.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén Outros artigos Redondela Ligazóns externas Redondela estrea escudo, mais aínda falta a bandeira Atlántico Diario, 3/10/2014 .
Redondela Categoría:Redondela