A resistividade é a resistencia eléctrica específica dun determinado material. Desígnase pola letra grega rho minúscula (ρ) e mídese en ohmios metro (Ω•m)., Sears, Zemanky, Young & Freedman (200): Física Universitaria con Física Moderna 12ª ed. Volume 2, páxina 851.
onde é a resistencia en ohms, a sección transversal en m² e a lonxitude en m. O seu valor describe o comportamento dun material fronte ao paso de corrente eléctrica: un valor alto de resistividade indica que o material é mal condutor, mentres que un valor baixo indica que é un bo condutor.
Como exemplo, un material de 1 m de longo por 1 m de ancho por 1 m de altura que teña 1 Ω de resistencia terá unha resistividade (resistencia específica, coeficiente de resistividade) de 1 Ω•m . Cálculo experimental da resistividade dun metalarquivado dende o orixinal o 9 de novembro de 2013
Xeralmente a resistividade dos metais aumenta coa temperatura, mentres que a resistividade dos semicondutores diminúe ante o aumento da temperatura.
Táboa de resistividades dalgúns materiais MaterialResistividade(en 20 °C-25 °C)(Ω·m)PrataMatweb-Plata (en inglés)1,59 x 10−8CobreMatweb-Annealed Copper (en inglés)1,71 x 10−8OuroMatweb-Oro (en inglés)2,35 x 10−8AluminioMatweb-Aluminio (en inglés)2,82 x 10−8VolframioMatweb-Wolframio (en inglés)5,65 x 10−8NíquelMatweb-Níquel (en inglés)6,40 x 10−8FerroMatweb-Hierro (en inglés)9,71 x 10−8PlatinoMatweb-Platino (en inglés)10,60 x 10−8EstañoMatweb-Estaño (en inglés)11,50 x 10−8Aceiro inoxidábel 301Matweb-Acero Inoxidable (serie 301) (en inglés)72,00 x 10−8GrafitoMatweb-Grafito (en inglés)60,00 x 10−8
Exemplo de conversión de: ( Ω·mm²/m ) a → ( Ω·m ): A resistividade do cobre é 0,017 Ω·mm²/m e para converter mm² a m² multiplícase por 10−6obtendo 0,017x10−6Ω·m²/m que é igual a 1.7x10−8Ω.m
A conversión de Ω·mm²/m a Ω·m resulta de multiplicar a unidade inicial por 1x10−6 pasando de Ω·mm²/m a Ω·m²/m (Ω·m) e é a simplificación do índice de resistividade para un material de 1 m de longo por 1 m² de sección transversal ou ben, de 1 m³.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Condutancia eléctrica Condutor eléctrico Condutividade eléctrica (é a inversa da resistividade) Resistencia eléctrica Supercondutividade
Ligazóns externas Matweb, fonte de información de materiais en liña Resistencia do condutor - calculadora en liña
Categoría:Magnitudes Categoría:Terminoloxía electrónica