Xosé Antón López Fernández é un avogado e expolítico galego de Compromiso por Galicia.
Traxectoria Estudou na Universidade de Santiago de Compostela e exerce como avogado nun despacho de Santiago de Compostela. Foi presidente da Asociación de Veciños Compostela Vella ata o ano 2008 ao entrar no PSdeG-PSOE e presentarse ás eleccións da executiva local polo sector crítico a Bernardino Rama, logrando entrar no Comité Nacional galego. En 2010 entrou na executiva local de Xosé Sánchez Bugallo como secretario de comunicación.
No ano 2014 incorporouse a Compromiso por Galicia, gañando posteriormente as primarias de Compromiso por Galicia á alcaldía de Santiago de Compostela nas eleccións locais de 2015. Unha vez fracasada a opción defendida por el en acudir as eleccións á Xunta de Galicia en coalición con En Marea abandonou Compromiso por Galicia e retírase da política activa."Compromiso por Galicia se presenta en solitario a las elecciones" , Economía Digital, 17 de abril de 2016 .
Notas
Categoría:Avogados de Galicia Categoría:Políticos do PSdeG-PSOE Categoría:Políticos de Compromiso por Galicia Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Nados en ano descoñecido