Paule-Marguerite Françoise de Gondi, nada o 12 de marzo de 1655 en Machecoul e finada o 21 de xaneiro de 1716 en París, foi duquesa de Retz (1676-1716)

Traxectoria Seu pai foi Pierre de Gondi e súa nai Catherine de Gondi. Casou o 12 de marzo de 1675 con François Emmanuel de Blanchefort-Créquy. Ao ano seguinte á morte de seu pai herdou os seus títulos: duquesa de Retz, señora de Machecoul, marquesa de La Garnache, condesa de Joigny e baronesa de Mortagne. Herdeira e sucesora da familia dos Gondi, que despois dos episodios protagonizados por seu tío, o cardeal de Retz, conta cunha mala reputación na corte do rei Lois XIV. Tivo un fillo pero morreu en 1703 aos 25 anos e á morte de Paule-Marguerite os seus títulos pasaron á casa de Neufville-Villeroy

Categoría:Nados en 1655 Categoría:Finados en 1716 Categoría:Nados no departamento de Loira Atlántico Categoría:Nobres de Francia