La Pobla de Mafumet é un concello de Cataluña, pertencente á provincia de Tarragona. Está localizado na comarca de Tarragonès. Segundo datos de 2014 a súa poboación era de 3 420 habitantes.
Historia Estivo poboado durante a ocupación romana grazas á súa proximidade coa antiga Tarraco. No termo atopouse un tesouro formado por 200 moedas de bronce do período do emperador Claudio que testemuñan a ocupación da localidade.
Durante a reconquista recibiu o nome de Guàrdia de Mafumet e pertenceu á familia dos Montoliu, pasando no século XV a mans da curia de Tarragona.
Demografía
Cultura A igrexa parroquial está adicada a San Joan Bautista. No seu interior consérvase unha talla románica do século XIII da Mare de Déu del Lledó, trasladada ó templo en 1801 ó derrubarse a ermida de San Joan na que a imaxe se atopaba. A talla, de 55 centímetros, representa á Virxe María cun manto sobre o que repousan os seus cabelos peinados en trenza.
La Pobla de Mafumet celebra a súa festa maior no mes de xuño, coincidindo coa festividade de san Xoán (24 de xuño). No mes de febreiro (2 de febreiro) celébranse as festas na honra á Mare de Déu del Lledó, patroa do concello.
Outras festas importantes son:
Festa do romesco É unha festa-concurso onde os concursantes teñen que amosar as súas aptitudes culinarias na realización do prato típico da comarca do Tarragonès, chamado romesco. É un prato de tipo "suquet", que ten como base o peixe sapo e un mollo ("picada"). Faise a partir de abelás ou améndoas, allo, tomate e pimentón de romesco.
Paella popular Celébrase no mes de setembro coincidindo coa día Diada de Cataluña.
Festa de l'oli Degustación do aceite novo. Colabora a Cooperativa Agrícola de San Isidro.
Economía Tradicionalmente, a base da economía do concello foi a agricultura, sobresaíndo os cultivos de viña, oliveira, cereal e abeleira. A partir da década de 1970 instaláronse no concello diversas industrias que reduciron o número de terras adicadas ó cultivo.
A refinaría instalada en 1974 e outras industrias dependentes da mesma son, dende entón, a base do emprego dos habitantes de La Pobla. miniatura|centro|600px|Vista da refinaría.
Véxase tamén
Bibliografía Tomàs Bonell, Jordi; Descobrir Catalunya, poble a poble, Prensa Catalana, Barcelona, 1994 Artigo na Enciclopedia Catalá
Ligazóns externas Páxina do concello de La Pobla de Mafumet
Pobla de Mafumet