Poquita Cosa foi un semanario editado en Vigo en 1892.

Historia e características Subtitulado Semanario juvenil, apareceu o 5 de xullo de 1892. Estaba dirixido por Jaime Solá. Editábase na imprenta de Angel Varela.

Cesou a súa publicación aos dous mesesGaceta de Galicia, 17-1-1893, p. 2. e foi substituído por Vigo Juvenil.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia de Pontevedra

Categoría:Prensa escrita de Vigo Categoría:1892 en Galicia