Alberto Baltar Tojo, nado en Santiago de Compostela o 1 de abril de 1939 e finado en Vigo o 21 de agosto en 1993, foi un arquitecto galego.

Traxectoria Fillo de Ramón Baltar Domínguez. Formouse na USC, en Barcelona e en Madrid e en 1965 asentouse en Vigo. Colaborou con profesionais como Xosé Bar Boo, Xaime Riera ou Xaime Garrido Rodríguez, con quen fixo os PXOUs de Baiona e Nigrán.

Foi un dos fundadores do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, do que foi secretario entre 1979 e 1981.

O mesmo ano do seu pasamento o Concello de Vigo púxolle o seu nome a unha rúa. miniatura|300px|Alberto Baltar rehabilitou o edificio central da Xunta de Galicia de San Caetano, en Santiago de Compostela

Obra Centro Médico Povisa. Rehabilitación de San Caetano. Nave industrial na r/ Jacinto Benavente de Vigo, 1988.Nave Industrial r/Jacinto Benavente Construcciones Conde. Nave Industrial Freiremar, en Vigo, 1988.Nave Industrial Freiremar Construcciones Conde. Ardeu o 3 de agosto de 2015 Nave Industrial Galiciamar, en Vigo, 1989.Nave Industrial Galiciamar Construcciones Conde. Centro da Terceira Idade do Carballiño. Centro da Terceira Idade da Estrada. Escola Rosalía de Castro, de Vigo.

Notas

Véxase tamén Bibliografía "Baltar Tojo, Alberto" en Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada. Dicionario biográfico de Galicia, t. 1, p. 86, Ir Indo, Vigo. Diccionario Enciclopédico Galego Universal, t. 7, p. 78.

Categoría:Arquitectos de Galicia do século XX Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1939 Categoría:Finados en 1993 Categoría:Artigos creados co asistente para a creación de artigos