250px|miniatura|Estación do Oriente de Lisboa.

Unha estación intermodal é unha infraestrutura de transporte construída sobre a base dunha estación de ferrocarril que acolle traxectos de longa distancia (incluíndo a alta velocidade), de media distancia e, de ser o caso, de proximidade, así como unha estación de autobuses para o transporte interurbano e unha parada de autobús urbano. En cidades que contan con rede de metro tamén adoitan integrar unha unha estación de metro.

Exemplos 250px|miniatura|Estación de Vigo-Urzaiz. miniatura|250px|Exterior da estación da Coruña.

Exemplos destas estacións son: a Estación do Oriente de Lisboa. Proxectada polo arquitecto e enxeñeiro español Santiago Calatrava e inaugurada en 1998, dá servizo ás liñas de ferrocarril de Lisboa, Sintra e Azambuja, Intercidades, Alfa Pendular, Sud-Express (Internacional) e trens Rexionais. Inclúe unha terminal de autobuses e unha estación da liña vermella do metro de Lisboa. Conta ademais con aparcadoiro e parada de taxis. a Estación de Vigo-Urzaiz. Construída no mesmo lugar en que se levantaba a antiga estación de trens de Vigo, estaba chamada a ser a primeira estación intermodal de Galiza, se ben a de Santiago acabou tornando intermodal antes. Inaugurouse, unicamente como terminal ferroviaria, o 6 de marzo de 2015, coa entrada do primeiro tren comercial de viaxeiros."El primer tren entra en la estación del AVE Faro de Vigo, 7-03-2015. A construción da nova infraestrutura intermodal iniciou en 2016 e a conclusión prevíase para 2018, coa integración da nova terminal de autobuses. Segundo a Xunta, estas actuacións debían ir acompañadas da execución dos «compromisos do Concello no referente á reordenación dos accesos viais e das necesidades urbanísticas».La Xunta asegura que las obras para la estación intermodal de Vigo empezarán en el 2016 La Voz de Galicia, 1 de abril de 2015. En 2021 abriu o centro comercial anexo e en 2022 comezou a operar como estación de autobuses. a Estación da Coruña-San Cristovo. A transformación en intermodal da estación coruñesa comezou a planearse nos primeiros anos da década do 2000, baseándose principalmente nas directrices do urbanista Joan Busquets, para agrupar nun mesmo recinto a estación de ferrocarril, a de autobuses interurbanos, a do proxectado metro lixeiro e unha parada de taxis, barallándose posibilidades de incluír vivendas e até un parque botánico nela. Entre os 7 proxectos presentados a concurso, foi elixido por unanimidade do xurado establecido ao efecto, en 2011, o presentado polo arquitecto César Portela. Como consecuencia da crise económica de 2008, a finais do 2012 o goberno central solicitou ao gañador do proxecto a presentación dunha nova proposta para abaratar o seu custo.El Gobierno ordena abaratar el proyecto de la intermodal. Amplía el plazo para que Portela presente la propuesta de la nueva estación La Voz de Galicia

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Estación de autobuses Estación de ferrocarril Intermodalidade Transporte intermodal Centro de Kamppi

Categoría:Transporte