Michele Perniola é un cantante italiano coñecido por representar a San Marino no Festival de Eurovisión Júnior 2013 e no Festival de Eurovisión 2015 xunto con Anita Simoncini coa canción "Chain of Lights".
Carreira musical En decembro de 2012, foi o campión na sexta edición do popular concurso infantil da televisión italiana RAI Ti lascio una canzone, no cal alcanzou a fama.
No ano 2013 foi escollido para representar a San Marino no Festival de Eurovisión Júnior 2013 coa canción "O-o-O Sole intorno a me" (O-o-O Sol ao meu redor en galego). Quedoun nunha décima posición (de 12 participantes) con 41 puntos.
En novembro de 2014 é elixido para representar a San Marino no Festival de Eurovisión 2015 xunto a Anita Simoncini, unha compoñente do grupo The Peppermints, o cal representou a San Marino no Festival de Eurovisión Júnior 2014 e do que tamén forma parte unha irmá de Michele.
Notas
Véxase tamén Outros artigos San Marino no Festival de Eurovisión San Marino no Festival de Eurovisión Júnior
Categoría:Cantantes de Italia Categoría:Representantes de San Marino en Eurovisión Categoría:Representantes de San Marino en Eurovisión Júnior Categoría:Nados en 1998 Categoría:Nados na provincia de Taranto