é un videoxogo de rol e acción. O terceiro título da serie, Dark Souls II foi desenvolvido para Microsoft Windows, PlayStation 3 e Xbox 360 por From Software, quen publicou o xogo no Xapón. Por outra banda, Bandai Namco Games distribuíu o xogo noutras rexións.
Dark Souls II foi anunciado nos Premios de Videoxogos Spike Video Game Awards o 7 de decembro de 2012. Hidetaka Miyazaki, que foi o director nos dous xogos anteriores, Demon's Souls e Dark Souls, actuou de supervisor, xa que o xogo foi dirixido por Tomohiro Shibuya e Yui Tanimura. Malia que está ambientado no mesmo mundo, non existe unha conexión da historia entre Dark Souls e Dark Souls II.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Videoxogos de rol Categoría:Videoxogos de acción Categoría:Videoxogos de 2014 Categoría:Videoxogos de FromSoftware Categoría:Videoxogos de Bandai Namco Categoría:Videoxogos de PlayStation 3 Categoría:Videoxogos de PlayStation 4 Categoría:Videoxogos de Xbox 360 Categoría:Videoxogos de Xbox One Categoría:Videoxogos de Windows