Lluís-Anton Baulenas i Setó, nado en Barcelona o 21 de setembro de 1958, é un escritor e tradutor catalán. Gañou os máis importantes premios da literatura catalá e as súas obras foron traducidas a varios idiomas.
Traxectoria Antes de comezar como escritor, traballou como profesor en institutos de ensino secundario. Os seus inicios atópanse no teatro, xénero no que fixo de actor, director e autor. Con todo, o recoñecemento público veulle principalmente do seu traballo como novelista. Como tradutor ao catalán, destacan as súas adaptacións de textos literarios de autores como Marguerite Yourcenar, William Gibson, Eugene O'Neill, Jean Cocteau, Albert Camus e Boris Vian.
Obras Novela Qui al cel escup Neguit Sus Scrofa (porcs) Càlida nit Rampoines-451 Noms a la sorra Alfons XIV, un crim d'estat Els caníbals El fil de plata La felicitat Amor d'idiota Per un sac d'ossos Àrea de servei (2007) El nas de Mussolini (2008) L'últim neandertal(2014) La vostra Anita (2015)
Teatro La ben calçada (con Damià Barbany) No hi ha illes meravelloses Melosa fel El pont de Brooklyn Trist, com quan la lluna no hi és
Filmografía 2001 -Anita no perd el tren, adaptación da súa novela Bones obres (director: Ventura Pons) 2004 - Amor idiota, adaptación da súa novela Amor d'idiota (director: Ventura Pons)
Premios 1989 Premio Documenta , Càlida nit. 1998 Premio Carlomagno de novela, El fil de plata. 1999 Premio da Crítica Serra d'Or de novela, El fil de plata. 2000 Premio Prudenci Bertrana de novela, La felicitat. 2005 Premio Ramon Llull de novela, Per un sac d'ossos. 2008 Premio Sant Jordi de novela, El nas de Mussolini.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas LletrA. «Lluís-Anton Baulenas i Setó». Universitat Oberta de Catalunya i Institut Ramon Llull Páxina do autor na AELC Directorio de autores locais do distrito de Sant Andreu. Biblioteca Pública Ignasi Iglésias
Categoría:Escritores de Cataluña Categoría:Escritores en lingua catalá Categoría:Nados en 1958 Categoría:Nados en Barcelona Categoría:Tradutores de España Categoría:Tradutores ao catalán