Carme Riera Guilera, nada o 12 de xaneiro de 1948 en Palma de Mallorca, é unha escritora en catalán e castelán, ensaísta, profesora e membro da Real Academia Española. Gañou os máis importantes premios da literatura catalá.
Traxectoria Carme Riera pasou a súa infancia e adolescencia en Palma de Mallorca, onde ten vínculos familiares co enxeñeiro mallorquino Eusebio Estada e o xeneral Valeriano Weyler. Desde o oito anos escribiu narracións que eran variantes das historias que lle contaba a súa avoa Caterina na súa infancia. Trasladouse en 1965 a estudar filoloxía hispánica á Universidade Autónoma de Barcelona (UAB), onde se licenciou en Filosofía e Letras e se doutorou en Filoloxía Hispánica con Premio Extraordinario pola UAB. Riera participou nas mobilizacións estudantís en contra do franquismo, da guerra de Vietnam e no incipiente movemento feminista. Todo iso forxou a súa mirada sobre a realidade, unha mirada que cuestionaba as normas, baixo o influxo de maio do 68 francés, e que albiscaba unha xanela aberta a un mundo radicalmente diferente.
Carreira académica En 1995 converteuse en catedrática de literatura española da súa alma máter e desde 2002 exerce como directora da "Cátedra José Agustín Goytisolo" nesta mesma universidade. Riera estudou ao longo da súa carreira a literatura española do Século de Ouro e da literatura catalá da Escola de Barcelona.
Foi catedrática de Lingua e Literatura Españolas de Institutos Nacionais de Ensino Medio e titular de universidade; profesora visitante nas universidades de Florida (Gainesville) (1987), Darmouth College (2001) e na Universidade de Chicago (2006). Impartiu cursos e seminarios, entre outras, na Universidade Internacional Menéndez Pelayo; Complutense de Madrid; Aarhus; Instituto de Estudos Hispánicos de Anveres; Universidade de Porto Rico (Mayagüez); a Sorbona; Uppsala; Harvard; Montclair; Cornell; Universidade de Missouri-St. Louis; Columbia; Indiana e The Catholic University of América (Washington), entre outras.Currículum de Carme Riera en la RAE
Carreira literaria Publicou o seu primeiro libro, a recompilación de contos Te deix, amor, la mar com a penyora, en 1975 (o relato que lle dá título gañara, en 1974, o premio Recull-Francesc Puig i Llensa de narració), Riera achegou un estilo novo e fresco e utilizaba a fala mallorquina coloquial para suxerir e crear unha narrativa que puña sobre a mesa temas que até entón foran tabús, como o amor entre as mulleres, e ao mesmo tempo era bastante crítica coa sociedade do momento. Foi seguido, dous anos despois por outra recompilación titulada Pongo las gaviotas por testigo, un conxunto de narracións que seguían os mesmos principios narrativos da obra anterior que pecha a súa primeira etapa da produción literaria.
A súa primeira novela, Una primavera per a Domenico Guarini, coa que recibiu o Premio Prudenci Bertrana en 1980, abre a segunda etapa da obra de Riera, que comprende a produción literaria da década do oitenta. Esta primeira novela non só representa un cambio de xénero senón tamén de obxectivo, o de formular un modelo de novela culta alternada con elementos coloquiais e o de experimentar coa simbiose de rexistros e de xéneros -a narrativa policial e o ensaio, a linguaxe culta e a xornalística-. Esta vontade experimentadora e investigadora da autora, e unha actitude de xogo, cunha mirada a miúdo lúdica e irónica, son os eixos das obras deste período, como a recompilación de narracións Epitelis tendríssims e as novelas Qüestió d'amor propi e Joc de miralls.
Coas novelas históricas Dins el darrer blau e Cap al cel obert, con boa acollida pola crítica, iníciase a terceira etapa. Ambas as novelas constrúen a dobre identidade de xudeus e mallorquinos dos protagonistas, a partir de dúas historias enlazadas: a primeira, ambientada na Mallorca de finais do século XVII, narra a persecución dun grupo de xudeus condenados á queima pública na fogueira pola Inquisición; a segunda ten como protagonistas os descendentes dos xudeus do século XVII establecidos na illa de Cuba en pleno conflito colonial. Con estas dúas ambiciosas narracións, Riera reconstruíu con todo detalle e rigor os escenarios históricos daquel momento. A escritora despregou historias de ficción e trazou con moito talento o carácter e perfil dos diferentes personaxes. Ambas as obras teñen un gran valor literario e testemuñan unha excelente traxectoria literaria, que se consolida definitivamente na segunda metade da década do noventa.
Riera escribe as súas novelas e relatos en catalán, e encárgase de traducilas ao castelán, mentres que os ensaios os escribe en castelán.Rosa Mora. Carme Riera: “Lo que no te da la vida te lo dan los libros, sobre todo si los escribes”, El País, 30.04.2012; acceso 02.05.2012 Gran parte da súa produción traduciuse a unha ducia de idiomas, entre eles ao alemán, árabe, francés, inglés e italiano.
Recoñecementos O 19 de abril de 2012 foi elixida membro de número da Real Academia Española, onde pasou a ocupar a cadeira n tras ler o seu discurso de ingreso titulado Sobre un lugar parecido a la felicidad o 7 de novembro de 2013.Elegida la escritora Carme Riera para ocupar la silla 'n' de la Real Academia Española; RAE, 19.04.2012; acceso 02.05.2012Carme Riera ingresa con un discurso dedicado a los viajeros que escribieron sobre Mallorca entre 1837 y 1936 ; RAE, 07.11.2013. Tamén é membro de número da Real Academia de Boas Letras de Barcelona.
Riera recibiu numerosos premios polas súas obras, entre outros, o Ramon Llull (1989) por Joc de miralls; o Premio Nacional de Narrativa (1995) por Dins o darrer blau ou o Premio Sant Jordi (2003) por La meitat de l'ànima. Colaborou con diversas publicacións, como o diario El País ou as revistas Quimera e Serra d'Or, entre outras. En novembro de 2015 recibiu o prestixioso Premio Nacional das Letras Españolas.El País, 3 Nov 2015: La escritora Carme Riera, Premio Nacional de las Letras
Influencia A ampla bagaxe lectora de Carme Riera, consecuencia dunha actitude apaixonada e erudita cara á literatura, configura un vasto marco de referencias. Safo, Petrarca, Goethe e Virginia Woolf desfilan polas súas páxinas, pero tamén os autores da literatura castelá da formación académica: Cervantes, Clarín, Laforet, Valle-Inclán ou Gil de Biedma. Con todo, a autora situou as raíces da súa narrativa nas rondallas mallorquinas e na obra de dúas escritoras fundamentais na construción da narrativa catalá contemporánea: Caterina Albert e Mercè Rodoreda.
Obras Novela 1975: Te deix, amor, la mar com a penyora 1977: Jo pos per testimoni les gavines 1980: Gairebé un conte o la vida de Ramon Llull 1980: Una primavera per a Domenico Guarini 1987: Qüestió d'amor propi 1989: Joc de miralls 1991: Contra l'amor en companyia i altres relats 1994: Dins el darrer blau 2000: Cap al cel obert 2003: Llengües mortes 2003: Antologia de poesia catalana femenina 2004: La meitat de l'ànima 2006: L'estiu de l'anglès 2009: Amb ulls americans 2011: Natura quasi morta 2013: Temps d'innocència 2015: La veu de la sirena
Prosa 1980: Els cementiris de Barcelona 1998: Temps d'una espera
Ficción infantil Gairebé un conte o la vida de Ramon Llull 1981 Epitelis tendríssims 1988 La molt exemplar història del gos màgic i de la seva cua. 2002 Petita història de Carlos Barral. 2005 El gos màgic. 2003 El meravellós viatge de Maria al país de les tulipes.
Guións 1989 Es diu Maria Puig la meva mare?, radio. Barcelona 1994 Quotidiana quotidianitat, televisión, Barcelona 1997 Dones d'aigua (con outros autors), televisión, Barcelona
Premios Premio Recull-Francesc Puig i Llensa de narrativa 1974 por Te deix, amor, la mar com a penyora. Premio Prudenci Bertrana 1980 por Una primavera per a Domenico Guarini Premio Maria Espinosa 1982 por Literatura femenina, ¿un lenguaje prestado? Premio Anagrama de Ensayo 1987 por La Escuela de Barcelona: Barral, Gil de Biedma, Goytisolo: núcleo poético generación de los cincuenta Premio Ramon Llull de novela 1989 por Joc de Miralls Premio Josep Plá 1994 por Dins el darrer blau Escritora del Mes de la Institución de les Letras Catalanes en marzo de 1994 Premio Joan Crexells 1995 por Dins el darrer blau Premio Nacional de Narrativa 1995 por En el último azul Premio Lletra d'Or 1995 por Dins el darrer blau Premio Elio Vittorini 2000 por En el último azul Creu de Sant Jordi 2000 Premio Nacional de Literatura de la Generalitat de Cataluña 2001 por Por el cielo y más allá Premio Crítica Serra d'Or 2001 por Cap al cel obert Premio Ramon Llull das letras 2002 (Goberno das Illas Baleares) Premio Sant Jordi de novela 2003 por La meitat de l'ànima Premio Rosalía de Castro 2004 do Centro PEN Galicia Premio Maria Àngels Anglada 2005 por La mitad del alma Medalla de ouro del Consell de Mallorca (2005) Premio Jaume Fuster de l'Associació d'Escriptors en Llengua Catalana 2005 para a vida Premio José Luis Giménez-Frontín de la ACEC 2012 para a vida Premio Internacional Terenci Moix de narrativa 2013 por Temps d'innocència Premio Trayectoria de la Semana del Libro en Catalán 2014
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Currículum vitae de Carme Riera Obras dixitalizadas de Carme Riera Biblioteca Digital Hispánica de Biblioteca Nacional de España
Categoría:Escritores de Cataluña Categoría:Escritores en lingua catalá Categoría:Escritores en lingua castelá Categoría:Nados en 1948 Categoría:Alumnos da Universidade Autónoma de Barcelona Categoría:Profesores da Universidade Autónoma de Barcelona Categoría:Premio Creu de Sant Jordi