miniatura|dereita|Reclamo dun loureiro en Dena, Meaño. dereita|miniatura|Variedade de viños nun furancho en Poio.

Un furancho, tamén chamado loureiro,DECRETO 215/2012, do 31 de outubro, polo que se regulan os furanchos da Comunidade Autónoma de Galicia é un local de tempada (entre febreiro e maio), xeralmente habilitado nunha adega particular, onde se venden os excedentes do viño que o propietario elabora para o seu consumo particular, xunto coas tapas que lle sirvan de acompañamento. Historia e características Co paso do tempo, os furanchos foron diversificando os produtos que vendían con produtos a base de porco (xamón, chourizo, zorza, raxo) e, nalgún caso, tamén de pratos cociñados de todo tipo, ata rematar por realizar unha actividade similar á dos bares e restaurantes, pero sen estaren sometidos á normativa aplicable a estes establecementos.

A partir dos anos 2000-2005 comezaron a ser denunciados polos propietarios doutros negocios hostaleiros, que vían na súa actividade unha competencia desleal non regulada. Este conflito deu lugar á publicación no 2008 da normativa autonómica que buscaba defini-las características que deben reunir e as actividades que podían desenvolver:

Defínense os furanchos como aquelas adegas que teñen como actividade principal a de subministrar mediante prezo o viño excedente do consumo propio que procede dos seus viñedos. Identificaranse ó público mediante a exhibición, nun lugar visible, dunha placa identificativa coa clasificación de furancho. Esta placa pode ir acompañada do tradicional ramallo de loureiro A presenza deste ramallo de loureiro á porta da casa deu lugar ó refrán: Taberna vella non precisa na porta ramalleira (Eladio Rodríguez González, s. v. taberna.. Deberán contar coa autorización de apertura expedida polo concello, para un período determinado que dependerá da declaración previa de produción anual na Consellería do Medio Rural. O período de apertura non poderá ser superior a 3 meses e estará comprendido, con carácter xeral, entre o 1º de decembro e o 30 de xuño. Non poderán servir viño embotellado, senón que este ten que proceder directamente do barril. As comidas que sirvan deberán proceder de establecementos autorizados e estar perfectamente etiquetadas e documentadas, e en ningún caso serán sometidos a elaboración ou transformación no propio furancho. Os servizos ofertados e os seus prezos deberán estar expostos nun lugar visible e de modo lexible. A Lei de Turismo de Galicia de 2011 estableceu que os furanchos, que non se consideran establecementos de restauración, tiñan que ter unha regulación propia que se recolleu no decreto 215/2012.

O termo furancho foi recollido por vez primeira por Eladio Rodríguez co significado de "Taberna, tienda de vinos de escasa importancia". Franco Grande matizou esta definición no senso de "Lugar o casa particular donde se vende vino nuevo". Ningún dos lexicógrafos compendiados no Diccionario de diccionarios dá este significado para a voz loureiro.

Notas

Véxase tamén Bibliografía DECRETO 215/2012, do 31 de outubro, polo que se regulan os furanchos da Comunidade Autónoma de Galicia (corrección) Orde do 23 de setembro de 2008 pola que se desenvolve o Decreto 116/2008, do 8 de maio, polo que se establece a ordenación dos establecementos de restauración denominados furanchos en Galicia.. SANTAMARINA, Antón (ed. e dir.): Diccionario de diccionarios. Fundación Pedro Barrié de la Maza, Instituto da Lingua Galega, 3ª ed. 2003.

Ligazóns externas Páxina web sobre os furanchos do país Guía de furanchos, casas de comidas e demais tabernas tradicionais galegas, para o móbil Furanchos and adegas: exploring symmetry through wine cultures in Galicia and Alentejo, Pablo Alonso González e Eva Parga Dans. Cultural Geographies.

Categoría:Restauración