Don Claro foi un semanario editado en Santiago de Compostela en 1898.
Historia e características Subtitulado Habla los domingos, apareceu o 13 de febreiro de 1898.El Alcance, 10-2-1898, p. 1. Semanario satírico que saía cada domingo. Ofrecía comentarios relativos a asuntos municipais, tanto en prosa coma en verso, sempre dun modo mordaz. No seu editorial proclamaba: Don Claro se propuso desde el primer día que se hizo a esas calles de Dios dar a conocer muchas verdades, que acaso fuesen conocidas de muchos, pero muy pocos se atreven a decir y a sostener en público. Moitos dos seus colaboradores asinaban con pseudónimo (Clarete, Canta Claro, Clarito...). Imprimíase nos obradoiros de V. Abad, na Coruña.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia da Coruña
Categoría:Prensa escrita de Santiago de Compostela Categoría:1898 en Galicia