Khinkali (en xeorxiano: ხინკალი) son pasteis de masa cocidos, típicos de Xeorxia. Son especialmente consumidos en restaurantes chamados sachinkle, normalmente cunha cervexa. “Georgian cuisine” no site GeorgianRecipe.com

A masa está feita con fariña de trigo, auga, sal e ovos enteiros (opcional) e amasada ata poderse tender; cóbrese e déixase repousar, en canto se prepara o recheo. Este pode ser de carne moída, cogomelos ou queixo. A carne pode ser de vaca, de año, de porco, ou unha mestura delas. A carne mestúrase con cebola e allo, sal e pementa, engadindo auga ou caldo para facer o amoado. O prebe é opcional, así como a pementa vermella ou páprica. Receita de “khinkali” no site GeorgianRecipes.net

A masa esténdese sen estar demasiado fina e nela córtanse círculos, que se estenden de novo para facer unha cama fina. Colócase unha boa porción de recheo no centro de cada círculo e féchase en forma de pera, deixando no tope unha especie de "botón" de masa. Os pasteis son cocidos en auga con sal durante o tempo suficiente para cociñar o recheo. Sérvense quentes.

Nas zonas musulmás de Xeorxia e en Azerbaidján adóitase facer con carne de boi, xa que non poden comer carne de porco.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Receita de Khinkali (vídeo HD) en inglés

Categoría:Gastronomía de Xeorxia Categoría:Empanadas