miniatura|240px|Sarigüeia de orellas brancas (Didelphis albiventris). miniatura|240px|Marmosa de Robinson (Marmosa robinsoni). miniatura|240px|Sarigüeia de catro ollos (Philander opossum). A dos didelfinos (Didelphinae) é unha subfamilia de marsupiais didelfimorfos da familia dos didélfidos que inclúe 16 xéneros con especies actuales.Didelphinae en MSW.
Entre elas están as especies máis coñecidas de sarigüeias e o único marsupial que habita a rexión Neártica (o popular colocolo, Dromiciops gliroides).
Taxonomía A historia taxonómica desta subfamilia é complexa. O clado faise necesario ao unificar as especies de didélfidos. As que se clasificaban antes na familia dos Caluromydae, coas que integraba Didelphidae formando respectivamente as actuais subfamilias dos Caluromyinae e Didelphina.
As relacións filoxenéticas entre os xéneros Marmosa, Thylamys, Gracilinanus, Micoureus e Monodelphis seguen a ser motivo de controversia entre os distintos investigadores e, dentro de cada xénero, a relación de especies que o forman segue variando a medida que avanzan os estudos. Así, novos xéneros como Cryptonanus, Tlacuatzin ou Chacodelphys están formados por especies que antes se clasificaban noutros xéneros da familia.Solari Torres, S. A. (2002)
Característica distintiva Unha das características que identifican aos machos das especies desta subfamilia á que teñen tres bulbos uretrais a diferenza dos Caluromyinae, que teñen dous.Glironia venusta en Animal Diversity Web
Clasificación Segundo Voss e Jansa (2009) a sufamilia comprende as tribos e xéneros seguintes:R. S. Voss e S. A. Jansa (2009): Phylogenetic relationships and classification of didelphid marsupials, an extant radiation of New World metatherian mammals, en Bulletin of the American Museum of Natural History nº 322, 177 pp.
(Nota: só se inclúen aquí as submailias e xéneros con especies viventes) Subfamilia Didelphinae (Gray, 1821) Tribo Didelphini (Gray, 1821) Xénero Chironectes Illiger, 1811 Xénero Didelphis Linnaeus, 1758 Xénero Lutreolina Thomas, 1910 Xénero Philander Brisson, 1762 Tribo Metachirini Reig et al., 1985 Xénero Metachirus (Burmeister, 1854) Tribo Monodelphini (Talice et al., 1960) Xénero Chacodelphys Voss et al., 2004 Xénero Cryptonanus Voss et al., 2005 Xénero Gracilinanus Gardner & Creighton, 1989 Xénero Hyladelphys Voss et al., 2001 Xénero Lestodelphys Tate, 1934 Xénero Marmosa Gray, 1821 Xénero Marmosops Matschie, 1916 Xénero Micoureus Lesson, 1842 Xénero Monodelphis Burnett, 1829 Xénero Thylamys Gray, 1843 Xénero Tlacuatzin Voss & Jansa, 2003
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Gould, Edwin; McKay, George & Kirshner, David (1988): Encyclopedia of mammals. San Diego, CA, USA: Academic Press. ISBN 978-0-1229-3670-1. Grzimek, B.; Schlager, N. e Olendorf, D. (2003): Grzimek's Animal Life Encyclopedia. Detroit: Thomson Gale. Kemp, T. S. (2005): The Origin & Evolution of Mammals. Oxford: Oxford University Press. ISBN 978-0-19-850761-5. McKenna, M. C. e Bell, S. K. (1997): Classification of Mammals Above the Species Level. Nova York: Columbia University Press. ISBN 978-0-231-11013-8. Solari Torres, S. A. (2002: Sistemática de Thylamys (Mammalia: Didelphimorphia: Marmosidae): un estudio de las poblaciones asignadas a Thylamys elegans en Perú. Universidade Nacional Mayor de San Marcos. Lima. Documento completo. Wilson & Reeder (eds.) (2005): Mammal Species of the World'' 2 vols. 3ª ed. Baltimore, Maryland, USA: Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-8221-4.
Outros artigos Marsupiais Ameridelfos Didélfidos
Ligazóns externss Didelphinae en ADW Didelphinae en The Taxonomicon .
Categoría:Marsupiais