Santa María de Curro é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Barro. Segundo o INE de 2016 tiña 777 habitantes (400 mulleres e 377 homes), 32 máis ca en 2004. Ten cinco entidades de poboación.
Historia En outubro de 2009 levouse a cabo por parte de voluntarios da Asociación pola Recuperación da Memoria Histórica a escavación dunha foxa, no adro da igrexa parroquial, onde se soterrou ao xornalista de 19 anos Ramón Barreiro Rodríguez, veciño de Barro, e ao electricista de 27 anos Castor Cordal Garrido, veciño de Cambados e afiliado á CNT. Foron fusilados na madrugada do 15 de setembro de 1936 preto da estrada a Pontevedra, e soterrados á noitiña.
Patrimonio Do baldaquino de Santa María de Curro consérvanse tres pezas incrustadas nas paredes das escaleiras de subida ó adro da igrexa de Santa María de Curro.
Galería de imaxes
Lugares e parroquias Lugares de Curro
Parroquias de Barro
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Barro
Categoría:Parroquias de Barro Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa María