Cristovo, nado en Roma e finado en 906, foi un antipapa. Depuxo ao Papa León en 903, ao ano seguinte foi deposto polo Papa Serxio III.
Hai quen afirma que era un papa lexítimo, e aínda que non foi entronizado como papa segundo as prácticas usuais, algún tempo despois foi recoñecido como papa. Estivo incluído na maioría das listas modernas de papas até mediados do século XX. Hoxe a Igrexa católica considérao un antipapa. Traxectoria Era un romano, e o seu pai chamábase León. Era cardeal de San Dámaso cando se converteu en papa destronando pola forza ao seu precursor o Papa León V, e encarcerouno, aparentemente en outubro do 903. Dado que León falece ao pouco tempo en prisión, logo da súa morte Cristovo pode ser considerado o papa. Os relatos de Auxilius de Nápoles (870-930) e Eugenius Vulgarius (887-928) indican que o Papa Serxio III asasinou a León V e a Cristovo.
Un documento grego do século XI(Mon. Græca ad Photium pertinent, p. 160, ed. Hergenröther, Ratisbona, 1869) di que Cristovo foi o primeiro papa que, na súa profesión da fe que enviou segundo o costume a Serxio, patriarca de Constantinopla, indicou que o Espírito Santo procedeu do Pai e do Fillo. O problema para aceptar esta declaración é que non había ningún patriarca Serxio nesta época. Destronado Cristovo foi destronado do papado polo Papa Serxio III (904 - 911), e forzado a terminar a súa existencia como monxe,Chronicle of Hermannus Contractus, ad an. 904. aínda que Vulgarius menciona que foi esganado na prisión.Ernst Dümmler, Auxilius und Vulgarius (Leipzig, 1866), 160, 135.
Lexitimidade Algúns consideran a Cristovo un papa lexítimo, aínda que a súa maneira de tomar posesión do papado foi completamente contraria aos usos canónicos. Por tanto atopamos o seu nome incluído en todos os catálogos de papas máis ou menos contemporáneos.Liber Pontificalis, II, ed. Duchesne; Watterich, Pontificum Romanorum Vitae, I; e Origines de l'Église romaine, I, par les membres de la communauté de Solesmes, París, 1836). O seu retrato atópase na galería de retratos dos papas na Basílica de San Paulo Extramuros, en Roma, e entre os frescos dos papas do século X pintados no século XIII nas paredes da igrexa de San Pier-in-Grado, nos arredores de Pisa. Os seus sucesores, por outra banda, recoñecérono como papa; xa que o Papa León IX ao confirmar os privilexios da abadía de Corbie en Francia, mencionou as concesións precedentes de Bieito e de Cristovo.Philipp Jaffé, Regesta RR. Pont., I, n. 4212. Este privilexio é o único dos actos de Cristovo que subsiste.ibid., 3532, 2d ed. Con todo, a partir da primeira metade do século XX non o consideran un papa lexítimo e o seu nome borrouse da lista de papas do Anuario Pontificio. Notas
Categoría:Antipapas Categoría:Nados en Roma Categoría:Finados en 906