Gregorio Pedro XV AghachaneanO seu apelido aparece tamén como Agagianian, Aghagianian, Agadżanian e Aghajanian . (en , Grigor Petros ŽE. Aġač̣anean), nado o 15 de setembro de 1895 en Akhaltsikhe (Imperio Ruso) e finado o 16 de maio de 1971 en Roma, foi o 15º patriarca de Cilicia da Igrexa católica armenia dende o 30 de novembro de 1937 até o 25 de agosto de 1962.

Traxectoria Naceu en Akhaltsikhe, na gobernación de Tiflis do Imperio Ruso (hoxe Xeorxia), o 15 de setembro de 1895.Outras fontes dan o 18 de setembro. Estudou no seminario de Tiflis e posteriormente na Pontificia Universidade Urbaniana, e o 23 de decembro de 1917 foi ordenado sacerdote en Roma.

O 11 de xullo de 1935 foi nomeado bispo titular de Comana Armeniae, e recibiu a ordenación episcopal o 21 de xullo de mans do bispo auxiliar armenio de Roma Sargis Ter Abrahamean.

O 30 de novembro de 1937 foi elixido patriarca de Cilicia. O papa Pío XII creouno cardeal o 18 de febreiro de 1946, co título de cardeal-presbítero de San Bartolomeo all’Isola.

O 18 de xuño de 1958 foi nomeado proprefecto da Congregación para a Propagación da Fe, e dous anos despois prefecto. O 25 de xuño de 1962 renunciou como patriarca de Cilicia, e seguiu a traballar en Roma. Retirouse como prefecto da congregación o 19 de outubro de 1970, e días despois foi nomeado cardeal-bispo de Albano.

Finou en Roma o 16 de maio de 1971. Premios e distincións Foi nomeado doutor honoris causa en Leis polo Boston College en 1952, pola Universidade de San Tomé de Manila en 1958, polas universidades Católica de América e de Notre Dame en 1960, e pola Universidade Nacional de Irlanda en 1961. Foi tamén nomeado Cabaleiro da Gran Cruz da Orde ao Mérito da República Italiana en 1963.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en Catholic-Hierarchy.org

Categoría:Nados en 1895 Categoría:Nados en Akhaltsikhe Categoría:Bispos católicos de Xeorxia Categoría:Bispos da Igrexa católica armenia Categoría:Bispos católicos do século XX Categoría:Patriarcas de Cilicia Categoría:Cardeais de Xeorxia Categoría:Cardeais creados por Pío XII Categoría:Alumnos da Pontificia Universidade Urbaniana Categoría:Profesores do Pontificio Colexio Armenio Categoría:Doutores honoris causa pola Universidade Católica de América Categoría:Doutores honoris causa pola Universidade Nacional de Irlanda Categoría:Doutores honoris causa polo Boston College Categoría:Doutores honoris causa pola Universidade de Santo Tomás Categoría:Galardoados coa Orde ao Mérito da República Italiana Categoría:Finados en 1971 Categoría:Doutores honoris causa pola Universidade de Notre Dame Categoría:Venerados pola Igrexa católica Categoría:Participantes no Concilio Vaticano Segundo