Tōru Takemitsu (武満 徹, Takemitsu Tōru), nado en Tokyo o 8 de outubro de 1930 e finado o 20 de febreiro de 1996, foi un compositor musical xaponés. Explorou os principios da composición musical propios da música clásica occidental e a tradición musical xaponesa (tanto por separado como en combinación).
Traxectoria Takemitsu interesouse nun principio pola música clásica occidental nos tempos da segunda guerra mundial. Escoitaba música occidental nunha emisora de radio militar americana mentres se estaba a recuperar dunha longa enfermidade. Tamén escoitaba jazz da ampla colección fonográfica do seu pai.
Takemitsu foi basicamente autodidacta en música, e estivo moi influenciado pola música clásica francesa (en particular pola de Claude Debussy e Olivier Messiaen). En 1951 fundou Jikken Kobo, un grupo que introduciu a obra de moitos compositores europeos contemporáneos ao público xaponés.
Ao principio, o interese de Takemitsu pola música tradicional xaponesa foi pouco, pero máis tarde incorporou instrumentos xaponeses, como o shakuhachi (unha especie de frauta de bambú) á orquestra. A súa obra November Steps (1967), para shakuhachi, biwa (laúde xaponés) e orquestra foi a primeira peza filharmónica na que se mesturaron instrumentos occidentais e orientais. Outra obra, In an Autumn Garden (1973-79) foi escrita para unha orquestra que de gagaku (música tradicional da corte imperial xaponesa). Obras como Eclipse (1966) para shakuhachi e biwa, Voyage (1973), para tres biwas, poden mencionarse como pezas que se derivan derivan claramente dos xéneros tradicionais.
Véxase tamén Bibliografía Peter Burt, The Music of Toru Takemitsu (Cambridge University Press, 2001) Noriko Ohtake, Creative sources for the Music of Toru Takemitsu (Ashgate, 1993) Toru Takemitsu, Confronting Silence (Fallen Leaf Press, 1995) Ziad Kreidy, TAKEMITSU à l’écoute de l’inaudible (L'Harmattan, 2009)
Album
Duo Imbesi Zangarà, Noir Love – Takemitsu for Guitar Duo performed by Carmelo Imbesi e Carmen Zangarà, Classical Music 3.0, (2021)
Categoría:Compositores Categoría:Nados en 1930 Categoría:Nados en Tokyo Categoría:Finados en 1996