miniatura|dereita|UD Ourense no estadio do Couto, maio de 2022. dereita|miniatura|Entrega da copa de vencedores da liga 2021-22.
A Unión Deportiva Ourense é un club de fútbol da cidade de Ourense. Naceu en 2014 para substituír o baleiro que deixou a desaparición do CD Ourense. Xoga os seus partidos como local no Estadio do Couto. Na tempada 2025-26 acadou o ascenso á Primeira Federación.
Historia
Tras a desaparición do CD Ourense por mor da crise económica, os seareiros do equipo crearon a plataforma SOS CD Ourense. Decidiuse formar un novo equipo co nome de Unión Deportiva Ourense, e asinouse a acta fundacional o 10 de xullo de 2014. Logo de se inscribir no rexistro de entidades deportivas da Xunta de Galicia e na Federación Galega de Fútbol, o club foi encadrado no grupo 13 da Terceira Autonómica de Galicia.
A Asociación de ex xogadores do CD Ourense asumiu a parcela deportiva do novo club. Antonio Dacosta foi nomeado adestrador do primeiro equipo, e Perfecto Rodríguez "Peluso" foi nomeado coordinador dos equipos base. Xogadores do CD Ourense xa retirados volveron aos campos para sacar adiante o proxecto, como Adolfo, José Ramón Dacosta, Santi ou Víctor Arias.
O primeiro encontro amigábel tivo lugar ante a Unión Deportiva Barbadás, de 3ª división, o 28 de agosto no campo dos Carrís. Venceron os locais por 5-0. O primeiro partido oficial foi o 31 de agosto, nun encontro da Copa Deputación B ante o Santa Teresita de 2ª Autonómica no campo dos Remedios. Venceu a Unión Deportiva Ourense por 3-1, e Adolfo foi o autor do primeiro gol da historia do club.
No campionato de liga 2014-15 o equipo acadou o 1º posto, logrando o ascenso a Segunda Autonómica de Galicia. Os primeiros partidos do campionato tiveron lugar no Campo Miguel Ángel dos Remedios, e os seguintes xogáronse xa no Estadio do Couto, propiedade da Xunta de Galicia.
Tras dous ascensos consecutivos máis, o 27 de maio de 2018 conseguiu chegar a categoría nacional no derradeiro e decisivo partido da liga. A UD Ourense chegaba como líder e xogaba polo ascenso nun duelo directo no campo do Atios. No caso de perder, dependía do resultado do Porriño Industrial, que tamén obtivo unha vitoria. O partido acabou co empate inicial e a UD Ourense ascendeu. Militou durante tres tempadas na Terceira División, ata que en 2021 sufriu o primeiro descenso da súa historia, caendo de novo a Preferente.
Na tempada seguinte volveu acadar o ascenso, desta volta á recentemente creada 3ª RFEF, onde xogou tres tempadas até acadar en 2025 o ascenso á Segunda Federación. Clasificouse para a Copa do Rei de fútbol 2025-26, e caeu en primeira rolda ao Pontevedra CF. Na tempada 2025-26 acadou o ascenso á Primeira Federación tras superar os play-off de ascenso. Historial na liga TempadaCategoríaPosto2014/153ª Autonómica 10px2015/162ª Autonómica 10px2016/171ª Autonómica 10px2017/18Preferente 10px2018/193ª División 8º2019/203ª División8º2020/213ª RFEF 10px2021/22Preferente 10px2022/233ª RFEF5º2023/243ª RFEF4º2024/253ª Federación 10px2025/262ª RFEF 10px2026/271ª RFEF
Xogadores Cadro 2025/26 Actualizado a 21 de setembro de 2025.
Órganos de goberno Como resultado do seu establecemento como club de xestión polo sistema de accionariado popular, a asemblea xeral (composta polos socios fundadores e de número) convoca eleccións para escoller as persoas que constituirán a Xunta Directiva. Ao longo da historia do club a presidencia foi ostentada por: Modesto García, Ramón Dacosta, Fernando Currás e Javier Orbán.
Notas
Categoría:Equipos de fútbol da provincia de Ourense Categoría:Deporte en Ourense