Victor Young, nado en Chicago (Illinois) o 8 de agosto de 1900 e finado en Palm Springs (California) o 10 de novembro de 1956"Victor Young, Composer, Dies of Heart Attack", Oakland Tribune, 12 de novembro de 1956. foi un compositor, violinista e director de orquestra estadounidense.
Traxectoria Young naceu nunha familia de músicos, pois o seu pai foi membro da compañía de ópera de Joseph Sheehan. Comezou a tocar o violín aos seis anos e mandárono a Polonia con dez anos para quedar co seu avó e estudar no Conservatorio Imperial de Varsovia. Estudou piano con Isidor Philipp en París e sendo un adolescente iniciou unha carreira como violinista de concertos coa Filharmónica de Varsovia.
En San Petersburgo coñeceu o tsar Nicolao, que quedou tan impresionado que lle deu moitos regalos, mais o seu éxito acabou coa revolución. Foi perseguido polos bolxeviques, e foi condenado a morte. Tras unha fuxida chegou a Varsovia, logo a París e por fin aos Estados Unidos."A New Jewish Violin Genius" , Daily Jewish Courier, 14 de outubro de 1920.
Volveu a Chicago en 1920 e uniuse á orquestra do Central Park Casino. Marchou logo aos Ánxeles coa súa moza polaca, atopando traballo como violinista para Sid Grauman e logo con Paramount-Publix Theatres. Tras volver a Chicago volveu a Hollywood a mediados da década de 1930 onde se concentrou no seu traballo cinematográfico e compoñendo para cantantes populares como Bing Crosby. Entre as súas cancións destacaron "When I Fall In Love", "Moonlight Serenade (Summer Love)" e "My Foolish Heart".
Young finou en Palm Springs (California por mor dunha hemorraxia cerebral aos 56 anos. Gañou postumamente o Oscar á mellor banda sonora.
Filmografía Anything Goes (1936) The Big Broadcast of 1937 (1936) Artists and Models (1937) The Gladiator (1938) Golden Boy (1939) For Whom the Bell Tolls (1943) The Uninvited (1944) Love Letters (1945) So Evil My Love (1948) The Emperor Waltz (1948) The Paleface (1948) Samson and Delilah (1949) Our Very Own (1950) My Favorite Spy (1951) Payment on Demand (1951) O home tranquilo (1952) Scaramouche (1952) Something to Live For (1952) Raíces profundas (1953) The Country Girl (1954) A Man Alone (1955) Written on the Wind (1956) A volta ao mundo en oitenta días (1956, gañador póstumo do Oscar á mellor banda sonora) Omar Khayyam (1957) China Gate (1957, finalizada polo seu amigo Max Steiner)
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Victor Young Collection of Television Music. UCLA. Performing Arts Special Collections, findaid.oac.cdlib.org.
Victor Young Collection en Brandeis University
Categoría:Músicos dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en Chicago Categoría:Nados en 1900 Categoría:Finados en 1956