Miklós Rózsa ([ˈmikloːʃ ˈroːʒɒ]), nado en Budapest (Hungría) o 18 de abril de 1907 e finado nos Ánxeles o 27 de xullo de 1995 foi un compositor húngaro que traballou en Alemaña, Francia, o Reino Unido, os Estados Unidos de América e Italia. É coñecido por compoñer case un cento de bandas sonoras cinematográficas. Porén, sempre seguiu traballando en música para concertos, o que chamaba a súa "dobre vida".
Traxectoria Rózsa foi introducido na música clásica e na tradicional pola súa nai, Regina Berkovits, pianista, e o seu pai, Gyula, industrial namorado da música popular húngara. O seu tío materno, Lajos Berkovits, violinista da Ópera de Budapest deulle o seu primeiro instrumento aos cinco anos. Con oito anos xa actuaba en público e compoñía.
En 1925 entrou na Universidade de Leipzig para estudar química, mais decidido a converterse en compositor cambiouse ao conservatorio desa cidade ao ano seguinte. En 1929 recibiu os seus diplomas cum laude. En 1932 mudouse a París por suxestión do organista e compositor Marcel Dupré.
Rózsa comezou na música cinematográfica en 1934 a través do seu amigo o compositor suízo Arthur Honegger. Cando se mudou a Londres foi contratado polo produtor húngaro Alexander Korda para o filme Knight Without Armour (1937). Aínda que a carreira cinematográfica de Rózsa acabou tras sufrir un infarto mentres estaba de vacacións en Italia en 1982, continuou a compoñer concertos.
Filmografía Les Misérables (1934). Knight Without Armour (1937) Thunder in the City (1937) The Four Feathers (1939) The Thief of Bagdad (1940) Lydia (1940) Ao caer o día (1941) Jungle Book (1942) Five Graves to Cairo (1943) Sahara (1943) Double Indemnity (1944) The Woman of the Town (1944) Spellbound (1945) A fin de semana perdida (1945) A Song to Remember (1945) Os asasinos (1946) Dobre vida (1947) Song of Scheherazade (1947) Brute Force (1947) The Naked City (1948) Madame Bovary (1949) Quo Vadis (1951) Ivanhoe (1952) Lust for Life (1956) Ben-Hur (1959) King of Kings (1961) Hotel Internacional (1963) O Cid (1961) The Green Berets (1968) A vida privada de Sherlock Holmes (1970) The Golden Voyage of Sinbad (1973) Fedora (1978) Last Embrace (1979) Time After Time (1979) O ollo da agulla (1981) Dead Men Don't Wear Plaid (1982)
Obra Theme, Variations, and Finale, Op. 13 (1934) Concerto, Op. 24 (1953-54) Rózsa's Cello Concerto, Op. 32 (1967–68) To Everything There is a Season, Op. 20; The Vanities of Life, Op. 30; e The Twenty-Third Psalm, Op. 34, obras corais gravadas en 1978.
Notas
Véxase tamén Bibliografía Rózsa, Miklós: "Quo Vadis?" Film Music Notes, Vol. 11, No. 2 (1951) Rózsa, Miklós: Double Life: The Autobiography of Miklós Rózsa, Composer in the Golden Years of Hollywood, Seven Hills Books (1989) - ISBN 0-85936-209-4 Rózsa, Miklós: Double Life: The Autobiography of Miklós Rózsa, Composer in the Golden Years of Hollywood, The Baton Press (1984) - ISBN 0-85936-141-1 Palmer, Christopher: Miklós Rózsa. A Sketch Of His Life And Work. Breitkopf & Härtel, Londres, Wiesbaden (1975) Thomas, Tony: Miklós Rózsa e Miklós Rózsa on Film Music. Film Score. The Art & Craft of Movie Music, Riverwood Press (1991) - ISBN 1-880756-01-3, pp. 18–32 Darby, William e Du Bois, Jack: Miklós Rózsa. American Film Music. Major Composers, Techniques, Trends, 1915 - 1990. McFarland (1990) - ISBN 0-7864-0753-0 - pp. 307–344 Palmer, Christopher: Miklós Rózsa. The Composer In Hollywood.'' Marion Boyars (1993) - ISBN 0-7145-2950-8 - pp. 186–233 Dane, Jeffrey: "A Composer's Notes: Remembering Miklós Rózsa", iUniverse (2006) - ISBN 0-595-41433-8 Ligazóns externas Miklós Rózsa Society website David Raksin Remembers His Colleagues: Miklós Rózsa
Miklós Rózsa's Filmo/Discography en SoundtrackCollector.com Miklós Rózsa en Soundtrackguide.net Centennial Tribute to Miklos Rózsa Italian Website en Tribute Site Vertlieb's Views: Miklos Rosza Artigo
Categoría:Compositores de Hungría Categoría:Nados en Budapest Categoría:Nados en 1907 Categoría:Finados en 1995