Cycas é o xénero tipo e o único xénero recoñecido na familia Cycadaceae. Acéptanse 95 especies neste xénero. A primeira especie de cícada descrita foi Cycas circinalis, endémica da India, e foi a especie tipo do nome xenérico Cycas. A especie máis coñecida é Cycas revoluta, que se cultiva moito co nome de "falsa palma" debido ao seu aspecto de palma (pero non ten que ver taxonomicamente coas palmeiras ou Arecaceae).

O xénero é nativo do Vello Mundo, coas especies concentradas arredor das rexións ecuatoriais do leste e sueste de Asia, incluíndo as Filipinas con 10 especies (9 das cales son endémicas), leste de África (incluíndo Madagascar), norte de Australia, Polinesia, e Micronesia. Australia ten 26 especies, mentres que a área de Indochina ten unhas 30. India ten 9 especies. A especie que vive máis ao norte (C. revoluta) encóntrase a 31°N no Xapón meridional. A especie que vive máis ao sur (C. megacarpa) encóntrase a 26°S no sueste de Queensland. Debido á presenza dun gran número de especies de Cycas na China e Australia, estes dous países considéranse os dous centros de diversidade de Cycas.

Estas plantas son dioicas (con plantas macho e femia), e a familia Cycadaceae é singular entre as cícadas polo feito de que non forma conos con sementes nas plantas femias, senón grupos de estruturas parecidas a follas chamadas megaesporófilos que levan sementes nas marxes inferiores, e conos ou estróbilos produtores de pole nas plantas macho.

miniatura|esquerda|Estruturas femininas reprodutoras de C. ophiolitica.

miniatura|Megaesporófilos de Cycas media con sementes case maduras nunha planta silvestre do norte de Queensland, Australia.

miniatura|Bosquete de Cycas media no norte de Queensland.

miniatura|Cycas platyphylla no norte de Queensland con novas follas durante a estación chuviosa, aínda en floración.

O cáudice é cilíndrico, rodeado de bases de pecíolos persistentes. A maioría das especies forman troncos ben aparentes ramificados ou non, pero nalgunhas especies o tronco principal pode ser subterráneo e a coroa de follas parece saír directamente do chan. Teñen dous tipos de follaxe, follas típicas e escamosas. As follas típicas fotosintéticas son pinnadas (ou máis raramente bipinnadas) e dispostas en espiral, con queratinose dura e grosa. Non son permanentes e caen ao chan deixando na planta a base da folla. Os folíolos son articulados, teñen un nervio central pero carecen de nervios secundarios. As follas escamosas son persistentes, de cor marrón e de función protectora. Os megaesporófilos non están reunidos en conos. A polinización é anemófila.

A miúdo estas especies considéranse fósiles viventes, e os primeiros fósiles do xénero Cycas datan do Cenozoico, aínda que fósiles similares a Cycas, que poden considerarse Cycadaceae, poden atoparse xa nos estratos do Mesozoico. O xénero Cycas non está estreitamente relacionado con outros xéneros de cícadas, e os estudos filoxenéticos mostraron que Cycadaceae é o grupo irmán de todas as outras cícadas existentes.

As plantas tardan varios anos en medrar, e a reprodución sexual ten lugar despois de 10 anos de crecemento exclusivamente vexetativo, que ten lugar por medio de bulbilos que se orixinan na base do tronco. miniatura|dereita|Cono masculino de Cycas circinalis.

As especies de Cycas están ameazadas en todo o mundo e case todas as especies figuran na lista vermella da IUCN. Cycas beddomei é a única especie do xénero Cycas listada no Apéndice I de CITES. Cycas rumphii e Cycas pectinata son os que teñen unha distribución mundial máis ampla.

Especies seleccionadas Cycas aculeata Cycas angulata Cycas annaikalensis Cycas apoa Cycas arenicola Cycas armstrongii Cycas arnhemica Cycas badensis Cycas balansae Cycas basaltica Cycas beddomei Cycas bifida Cycas bougainvilleana Cycas brachycantha Cycas brunnea Cycas cairnsiana Cycas calcicola Cycas campestris Cycas candida Cycas canalis Cycas chamaoensis Cycas changjiangensis Cycas chevalieri Cycas circinalis Cycas clivicola Cycas collina Cycas condaoensis Cycas conferta Cycas couttsiana Cycas curranii Cycas debaoensis Cycas desolata Cycas diannanensis Cycas dolichophylla Cycas edentata Cycas elephantipes Cycas elongata Cycas falcata Cycas fairylakea Cycas ferruginea Cycas fugax Cycas furfuracea Cycas guizhouensis Cycas hainanensis Cycas hoabinhensis Cycas hongheensis Cycas inermis Cycas javana Cycas lanepoolei Cycas lindstromii Cycas litoralis Cycas maconochiei Cycas macrocarpa Cycas media Cycas megacarpa Cycas micholitzii Cycas micronesica Cycas multipinnata Cycas nathorstii Cycas nongnoochiae Cycas ophiolitica Cycas orientis Cycas pachypoda Cycas panzhihuaensis Cycas papuana   Cycas pectinata Cycas petraea Cycas platyphylla Cycas pranburiensis Cycas pruinosa Cycas revoluta Cycas riuminiana Cycas rumphii Miq. Cycas schumanniana Cycas scratchleyana Cycas seemannii A.Braun Cycas segmentifida Cycas semota Cycas sexseminifera Cycas siamensis Cycas silvestris Cycas simplicipinna Cycas sphaerica Cycas szechuanensis Cycas taitungensis Cycas taiwaniana Cycas tanqingii Cycas tansachana Cycas thouarsii Cycas tropophylla Cycas tuckeri Cycas wadei Cycas xipholepis Cycas yorkiana Cycas yunnanensis Cycas zambalensis Cycas zeylanica

Notas

Véxase tamén

Bibliografía David J. de Laubenfels & F. Adema (1998) "A taxonomic revision of the genera Cycas and Epicycas Gen. Nov. (Cycadaceae)", Blumea 43()351-400. K.D. Hill (1998–2004) The Cycad Pages, Royal Botanic Gardens Sydney. http://plantnet.rbgsyd.nsw.gov.au/PlantNet/cycad/index.html Virtual Cycad Encyclopedia edited by the Palm & Cycad Societies of Florida David J. de Laubenfels, Cycas Taxonomy Ken D. Hill, Dennis W. Stevenson & Roy Osborne (2004) "The World List of Cycads". The Botanical Review, 70(2)274–298 Rita Singh & Khuraijam Jibankumar Singh (2013-) Cycads of India. http://www.cycadsofindia.in/ Lindstrom, Anders J. and Ken D. Hill (2007) "The genus Cycas (Cycadaceae) in India". Telopea 11(4) : 463-488. Singh, R., & Radha P. (2006). Cycas annaikalensis, A new species of Cycas from the Malabar Coast, Western Ghats, India. Brittonia 58 (2): 119-123. Terrence Walters & Roy Osborne (eds.) (2004), Cycad Classification: Concepts and Recommendations, CABI publishing, ISBN 0-85199-741-4

Categoría:Cycas Categoría:Cycadaceae