Anxo Angueira Viturro, nado en Manselle (Dodro) o 13 de xaneiro de 1961, é un filólogo, escritor e estudoso da literatura galega. É o actual presidente da Fundación Rosalía de CastroA Fundación Rosalía de Castro : Executiva da Fundación., con sede na Casa Museo de Rosalía, desde o 1 de xuño de 2012.
Traxectoria Sempre vinculado ó seu concello natal, pasou dous anos da súa infancia en Asados (Rianxo), e realizou os estudos de bacharelato na vila veciña de Padrón. Foi no instituto onde tivo o primeiro contacto coa literatura galega da man do seu mestre de lingua castelá, Bernardino Graña. Gañou premios de poesía e narrativa cando era bacharel, en certames literarios celebrados no propio centro de ensino.
Despois destes primeiros anos de formación e concienciación, ingresa na Universidade de Santiago de Compostela, onde estudou Filoloxía Hispánica coa especialidade en lingua galega. Na época universitaria compaxinaba os estudos e o traballo, que tiña en Padrón, residindo na vila das Terras de Iria. A súa tese de doutoramento na Universidade de Vigo foi Bretaña, esmeraldina e o sistema literario galego (2006).
Unha vez concluídos os estudos universitarios comeza a impartir clases de lingua e literatura galegas no IES Meixoeiro e na Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo, Área de Filoloxía Galega e Portuguesa, Departamento de Filoloxía Galega e Latina. Reside na cidade olívica e ten tres fillos.
Publica diferentes ensaios e artigos de investigación literaria. Participa na fundación e na elaboración do manifesto das Redes Escarlata e colabora na publicación da CUT O Xornal, na revista A Trabe de Ouro, no Boletín da Real Academia Galega, en Dorna, expresión poética galega, na Revista de estudios rosalianos, en Nós Diario e outros xornais. Foi coordinador do premio de poesía Eusebio Lorenzo Baleirón que se celebra en Dodro. Durante o ano 2008 participou no espectáculo Rosalía 21, unha revisitación en clave de jazz da poesía de Rosalía de Castro, xunto ao pianista Abe Rábade e a cantante Guadi Galego.
En 2010 ingresou na Fundación Rosalía de Castro ocupando o posto de vogal e membro da executiva en substitución de Avelino Abuín de Tembra. No ano 2012 presenta a súa candidatura á presidencia da Fundación, candidatura única e consensual, despois de que se producise a dimisión de Helena Villar Janeiro o 13 de abril, motivada por un desacordo na aprobación dos orzamentos dese ano.La Voz de Galicia (29-5-2012) ‹‹O escritor Anxo Angueira, único candidato á presidencia da Fundación Rosalía›› . "Trátase dunha candidatura consensual, segundo explicou a presidenta en funcións". Dende xuño de 2012 ostenta o cargo de presidente da Fundación Rosalía de Castro.La Voz de Galicia (2-6-2012) «Angueira aposta por reactivar os Estudos Rosalianos» . "O escritor foi elixido onte novo presidente da fundación padronesa"..
Na Real Academia Galega O 28 de outubro de 2023 foi nomeado académico de número da RAG, ocupando a vacante producida polo pasamento do poeta Salvador García Bodaño-Zunzunegui. miniatura|300px|Discurso de toma de posesión da súa cadeira na RAG en Padrón. Membros da RAG, de esquerda a dereita: María López Sández, Chus Pato, Xosé Luís Axeitos, Lourenzo Fernández Prieto, Ramón Lorenzo, Francisco Fernández Rei, Xosé Luís Regueira, Marilar Aleixandre, Margarita Ledo Andión, Víctor F. Freixanes, Fina Casalderrey, Henrique Monteagudo, Rosario Álvarez Blanco, Ramón Villares, Andrés Torres Queiruga, Francisco Díaz-Fierros, Dolores Sánchez Palomino e Euloxio R. Ruibal. Tomou posesión o 27 de abril de 2024 nunha sesión da RAG celebrada no Auditorio Municipal de Padrón pronunciando o discurso titulado I es a noite, i es a aurora. A poética da luz en Rosalía de Castro. Respondeulle a académica Chus Pato.
Obra miniatura|Na Casa Museo Rosalía. Narrativa Bágoas de facer illas (1997). Vigo: Xerais. 80 páxs. ISBN 978848302-0869. Pensa nao (1999). Vigo: Xerais. 192 páxs. ISBN 978-84-8302-467-6. Incluído na Biblioteca Galega 120. Foi traducida ao inglés. A morte de A. (2003). Vigo: Xerais.104 páxs. ISBN 978-8483029237. Iria (2012). Vigo: Xerais. 328 páxs. ISBN 978-84-9914-362-0. ePub: ISBN 978-84-9914-652-2.
Poesía Val de Ramirás (1989). Sociedade de Cultura Valle-Inclán. ISBN 84-86046-37-8. Reeditado polo Concello de Ramirás en 2020 da man de Baldo Ramos e Xoán Carlos Domínguez Alberte, revisado e enriquecido con novos textos e imaxes. 74 páxs. ISBN 978-84-09-23657-2. O valo de Manselle (1996). Vigo: Xerais. ISBN 84-8302-077-7. Edición en Apiario, 2020, con prólogo de Xosé Luís Méndez Ferrín. ISBN 978-84-947389-6-8. Libro da Vertixe (1997). Deputación de Lugo. ISBN 84-8192-094-0. Fóra do sagrado (2007). Vigo: Xerais. 64 páxs. ISBN 978-84-9782-611-2. Palmeiras, piueiros (2022). Santiago: Chan da pólvora. 183 páxs. ISBN 9788412473100. Contén unhas notas de lectura de Chus Pato e unha entrevista de Xabier Cordal.
Ensaio De Rosalía a Dieste. 33 anos das letras (1995). Vigo: Xerais, 1995.Con prólogo de Francisco Fernández del Riego. La poésie galicienne de 1936 à 1990. Poésie en Galicie aujourd hui (Avant-propos et Sélectio de Anxo Angueira. Poèmes traduits par Emma Lázare) (1999). Ed. Revue SOURCES., Namur - Belgique. Terra de Iria. Viaxe ó país de Rosalía de Castro (2003). AELG-Xunta de Galicia. A espiral no espello: "Bretaña, Esmeraldina" e o sistema literario galego (2009). Vigo: Edicións Xerais de Galicia. 704 páxs, ISBN 978-84-9782-719-5, Rosalía 21 (2009). Xunta de Galicia, Dirección Xeral de Política Lingüística. ISBN 978-84-9782-880-2. Terra de Iria: terra de Rosalía de Castro (2009). Vigo: A Nosa Terra. ISBN 978-84-8341-327-2. Das copras de Sarmiento aos cantares de Rosalía de Castro. Cara a unha nova periodización do Rexurdimento, Frank & Timme, Berlín, 2013. Rexurdimento: a palabra e a idea (2019). Vigo: Xerais. 304 páxs. ISBN 978-84-9121-566-0. ePub: ISBN 978-84-9121-577-6.
Traducións O Rei Lagarto de Alvaro Magalhães (1998). Vigo: Edicións Xerais. ISBN 978-84-8302-257-3. Teatro ás tres pancadas de Antonio Torrado (1999). Vigo: Edicións Xerais. ISBN 978-84-8302-452-2. Caderno de agosto de Alice Vieira (1999). Vigo: Edicións Xerais. ISBN 978-84-8302-424-9. miniatura|Pontevedra, 15/5/2018, con Xurxo Martínez e Emilio Ínsua, autores de Común temos a patria...
Edicións Guía de lectura de Con pólvora e magnolias, de Xosé Luís Méndez Ferrín (1992). Vilaboa: Edicións do Cumio, ISBN 84-87126-60-X. De Rosalía a Dieste: 33 anos das Letras (1995). Vigo: Xerais. ISBN 84-7507-878-8 Xosé Luís Méndez Ferrín: Poesía enteira de Heriberto Bens, edición crítica, 1999. La poésie galicienne de 1936 à 1990, edición e introdución crítica, 1999. Rosalía de Castro: antoloxía; limiar de Xosé Luís Méndez Ferrín; introdución e selección de textos de Anxo Angueira, Xerais, 2003. Bocarribeira. Poemas pra ler e queimar, de Ramón Otero Pedrayo (2005). Vigo: Galaxia. ISBN 84-8288-811-0. Edición e limiar, con ilustracións de Reimundo Patiño. Rosalía de Castro: Cantares gallegos (2013). Vigo: Xerais. Estudo, edición, notas e comentarios de Anxo Angueira. ISBN 978-84-9914-504-4. Rosalía de Castro: Follas novas (2016). Vigo: Xerais. Estudo, edición, notas e comentarios de Anxo Angueira. ISBN 978-84-9121-009-2. Rosalía de Castro: En las orillas del Sar (2019). Vigo: Xerais. Estudo, edición, notas e comentarios de Anxo Angueira. ISBN 978-84-9121-502-8 Rosalía de Castro: La flor, A mi madre, poesía dispersa e traducións (2023). Vigo: Xerais. Estudo, edición, notas e comentarios de Anxo Angueira. ISBN 978-84-1110-366-4. Poesía reunida de X. L. Méndez Ferrín (2024). Vigo: Xerais. 552 páxs. ISBN 978-84-1110-579-8. ePub: ISBN 978-84-1110-578-1.
Obras colectivas Redondela, en Unha liña no ceo. 58 narradores galegos 1979-1996, 1996, Xerais. Mini-relatos, 1999. Librería Cartabón. O cura de Fruíme en Materia prima. Narrativa galega contemporánea, 2002, Xerais. Narradio. 56 historias no ar, 2003, Xerais. Negra sombra, 2003, Espiral Maior. Rebelados en Narradio. 56 historias no ar, 2003, Xerais. Xuro que nunca volverei pasar fame: poesía escarlata (2003). Difusora de Letras, Artes e Ideas. ISBN 84-933176-1-6. Con Chus Pato. Son de poesía, 2005, Edições Fluviais, Lisboa. X. Espazo para un signo, 2005, Xerais. Poetas con Rosalía, 2006, Fundación Rosalía de Castro. Volverlles a palabra. Homenaxe aos represaliados do franquismo, 2006, Difusora. Bernardino Graña. Homenaxe no 75 aniversario, 2007, Xerais. Polifonías II. Voces poéticas contra a violencia de xénero, 2007, Espiral Maior. A Coruña á luz das letras, 2008, Trifolium. Marcos Valcárcel. O valor da xenerosidade, 2009, Difusora. En defensa do Poleiro, 2010, Toxosoutos. Que lle podo ofrecer a quen me intente? (2011). Vigo: Xerais. Coordinador do volume xunto a Teresa Bermúdez. Rosalía. Voces galegas e alemás (2011). Centro de Estudos Galegos. ISBN 978-3-00-033374-3. Tamén navegar, 2011, Toxosoutos. Urbano. Homenaxe a Urbano Lugrís, 2011, A Nave das Ideas. VI Encontro de Escritores Galegos. Literatura e proxección exterior, 2012, Deputación da Coruña. A cidade na poesía galega do século XXI, 2012, Toxosoutos. Vieiros de palabra. Terra de Celanova-Baixa Limia en letras de autor, 2012, Librería Conde, Celanova. Participou na coordinación de 150 Cantares para Rosalía de Castro (2015, libro electrónico). De Cantares Hoxe. Os Cantares Gallegos de Rosalía de Castro no século XXI, 2015, Fundación Rosalía de Castro/Radio Galega. No tempo de Follas novas. Unha viaxe pola literatura universal, 2015, Alvarellos. Entremés galego ao feliz e real parto da nosa raíña: (1707) (2019). Salvador Francisco Roel; Julio I. González Montañés (ed. lit.), Anxo Angueira Viturro (ed. lit.), Ramón Mariño Paz (ed. lit.). Santiago: Laiovento. ISBN 9788484874560. Aires de poesía. Escolma de poetas da bisbarra de Celanova. Aira editorial, 2023. ISBN 978-84-125593-7-8
Premios recibidos Accésit Premio Esquío 1988, polo poemario Val de Ramirás. Gañador do certame poético Ruta do Mar de Arousa e río Ulla en 1992 con O mar e o río do regreso. Accésit do premio de poesía Camiño de Santiago en 1994 polo poema O valo de Manselle. Premio Café Dublín 1996, polo libro de relatos Bágoas de facer illas. Premio Xosé María Díaz Castro en 1997 por Libro da Vertixe. Premio Xerais de novela en 1999 por Pensa nao. Premio Rebulir da Cultura Galega en 2021.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas na Biblioteca Virtual Galega. Anxo Angueira no Facebook 20pxPensa Nao. Itinerario literario baseado na novela Pensa Nao de Anxo Angueira. 20pxAnxo Angueira, presidente da Fundación Rosalía de Castro , no programa Eirado da TVG.
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Membros de número da Real Academia Galega Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Gañadores do Premio Xerais Categoría:Nados en Dodro Categoría:Nados en 1961 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela