O, inicialmente, Boletín de la Academia Gallega,Ano 1, número 1 20 de maio de 1906. despois Boletín de la Real Academia Gallega (desde o número 5 ata 1980), e, por último, Boletín da Real Academia Galega (dende o ano 2000), é o órgano de expresión oficial da Real Academia Galega (RAG) no que se recollen os traballos e noticias relacionadas co funcionamento interno da RAG. A finalidade deste boletín é difundir a cultura galega. Todos os número están dispoñibles en liña. Historia e características Publícase por primeira vez na Coruña o 20 de maio de 1906,, e o seu primeiro director foi Manuel Murguía, presidente da institución.Gran Enciclopedia Galega Silverio CañadaCal, Rosa e Pérez Pais, Carmen (1993). Repertorio bibliográfico sobre a prensa galega pp. 176-177.Vilavedra, D. (coord.): Diccionario da Literatura Galega II. Publicacións periódicas, pp. 76-77, Galaxia, ISBN 84-8288-137-X. Nos comezos colaboraban case exclusivamente os membros da Real Academia Galega, e nun principio tivo unha periodicidade editouse mensual.

Entre os anos 1936 e 1942 non houbo publicacións debido a guerra civil. Despois a publicación do boletín foi bastante irregular, algunhas veces só se publicaba unha vez ao ano. Tivo peridiocidade irregular ata o ano 1980, estando os boletíns agrupados en 33 tomos. Pouco a pouco, o boletín foi mudando o seu carácter ata converterse nun boletín máis científico. As seccións son: Estudos, Documentos galegos, Bibliografía, Sección oficial e Publicacións recibidas. Nos primeiros volumes cobra importancia a "Sección oficial" onde hai discursos, adquisicións para a biblioteca, doazóns, ingresos de novos académicos etc.

No ano 2000 retomouse a publicación e desde entón mantén periodicidade anual, con monográficos dedicados á persoa protagonista do Día das Letras Galegas.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía "Boletín da Real Academia Galega" en Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada. Enciclopedia Galega Universal. Vigo, Ir Indo, 1999. Rodríguez Iglesias, F. (ed.): Galicia. Literatura. A Coruña, Hércules de Ediciones, (6 vols. Tomos XXX-XXXV). Outros artigos Raigame: revista de arte, cultura e tradicións populares

Ligazóns externas Boletíns da Real Academia galega de 1906 a 1980 e desde o ano 2000

Categoría:Real Academia Galega Categoría:Prensa escrita da Coruña

Categoría:1906 en Galicia