Eastern Air Lines foi unha gran aeroliña estadounidense que operou dende 1926 ata 1991. Antes da súa disolución tiña a súa sede no Aeroporto Internacional de Miami, nunha área non incorporada do condado de Miami-Dade, en Florida.

Eastern foi unha das "catro grandes" aeroliñas domésticas creadas polas conferencias Spoils de 1930, e foi dirixida polo as de voo da primeira guerra mundial Eddie Rickenbacker nos seus primeiros anos. Tivo case un monopolio na ruta entre Nova York e Florida dende os anos 30 ata os 50, e dominou este mercado nas décadas seguintes. Conflitos laborais e grandes débedas afectaron á copañía a finais dos 70 e principios dos 80 baixo a dirección do antigo astronauta Frank Borman. Frank Lorenzo mercou Eastern en 1985 e pasou moitos dos seus activos ás súas outras aeroliñas, incluídas Continental Airlines e Texas Air. Despois de continuos conflitos laborais e unha folga que paralizou á empresa en 1989, Eastern quedou sen cartos e foi liquidada en 1991. American Airlines fíxose coa meirande parte das rutas de Eastern dende Miami cara Latinoamérica e o Caribe, mentres que Delta Air Lines, o principal competidor de Eastern no Aeroporto Internacional Hartsfield-Jackson de Atlanta, mercou moitos dos seus Lockheed L-1011.

Eastern foi pioneira no servizo cada hora entre Nova York, Washington, D.C. e Boston en 1961 coñecido como Eastern Air Lines Shuttle. Fíxose cargo da rede de rutas sudamenricanas de Braniff International en 1982, e tamén voou a Londres e a Madrid nos anos 80.

Notas

Categoría:Aeroliñas dos Estados Unidos de América