Florence Owens Thompson, nada como Florence Leona Christie o 1 de setembro de 1903 e finada o 16 de setembro de 1983, foi a protagonista dunha famosa fotografía da Gran Depresión coñecida como Nai migrante. A imaxe, tomada por Dorothea Lange en 1936, atópase na Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos de América baixo o título: Colleiteiros desposuídos en California. Nai de sete fillos. Trinta e dous anos. Nipomo, California. Thompson foi chamada a "Mona Lisa dos anos 1930."Dotson, Bob. (4 de marzo de 2013). "Mona Lisa of migrant workers never lost hope". The Today Show. Consultado o 8 de novembro de 2024.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Nai migrante

Categoría:Nados en 1903 Categoría:Nados en Oklahoma Categoría:Finados en 1983 Categoría:Pobo cherokee