Gianni Amelio, nado en San Pietro di Magisano (Calabria) o 20 de xaneiro de 1945 é un director de cinema italiano.
Traxectoria Amelio naceu en Calabria e o seu pai marchou a Arxentina pouco despois do seu nacemento. Pasou a súa infancia e mocidade coa súa nai e a súa avoa. A ausencia da figura paternal é unha constante na obra de Amelio.
Estudou filosofía en Messina, onde se interesou polo cinema, escribindo críticas para a revista local. En 1965 mudouse a Roma, traballando como operador e axudante de director para Liliana Cavani e Vittorio De Seta. Tamén dirixiu documentais e anuncios para a televisión.
Debutou no cinema en 1982 con Colpire al cuore, sobre o terrorismo en Italia. Porte aperte (1989), con Gian Maria Volonté, confirmou o status de Amelio como un dos mellores directores do cinema italiano.
Triunfou novamente cos seus filmes Il ladro di bambini (1992), Lamerica (1994) e Le chiavi di casa (2004).
Filmografía La città del sole (1973, TV) Effetti speciali (1974, TV) Bertolucci secondo il cinema (1976, TV) La morte al lavoro (1978, TV) Il piccolo Archimede (1979, TV) I velieri (1980, TV) Colpire al cuore (1982) I ragazzi di via Panisperna (1987) Porte aperte (1989) Il ladro di bambini (1992) Lamerica (1994) Così ridevano (1998) Le chiavi di casa (2004) La stella che non c'è (2006) Il primo uomo (2011) L'intrepido (2013) Felice chi è diverso (2014)
Véxase tamén Bibliografía Artigo sobre Lamerica Raccontare i sentimenti. Il Cinema di Gianni Amelio, de Sebastiano Gesù, Giuseppe Maimone Editore, Catania 2008 ISBN 978-88-7751-274-1 Ligazóns externas
GreenCine entrevista a Gianni Amelio, por David D'Arcy
Categoría:Directores de cinema de Italia Categoría:Nados en Calabria Categoría:Nados en 1945