miniatura|200px|Ferromanganeso carburado (C < 7,5 %), unha fonte de manganeso que se pode obter nun alto forno especializado. miniatura|200px|Ferrosilicio, produto tipico dos fornos eléctricos.
Ferroalixe ou ferroliga é o nome de varias aliaxes que conteñen ferro e outro metal, como níquel, cromo e outros elementos (como o silicio ou o carbono) en diversas proporcións. Estas aliaxes presentan propiedades superiores ás dos aceiros normais e, por iso, poden soportar requirimentos mecánicos e corrosivos extremos.
Úsanse durante os procesos de fabricación dos aceiros especiais. Cando o aceiro se encontra en estado líquido, adiciónanse as ferroaliaxes para mudar a composición do aceiro e dar unha característica especial a este.
As ferroaliaxes máis comúns son o ferromanganeso, o ferrosilicio e o ferrocromo. Cada elemento dá unha propiedade especial ao aceiro como o aumento da súa dureza, resistencia á corrosión, maior maleabilidade, etc.
Produción e utilización miniatura|200px|Ferrofósforo, utilizado como aliaxe en siderurxia. miniatura|200px|Ferrocromo.
Unha ferroaliaxe parécese máis a unha materia prima que a un produto acabado ou semiacabado. Xeralmente é un produto secundario da produción de metais non ferrosos; a súa pureza e a súa riqueza neste metal depende esencialmente do proceso de fabricación (xeralmente nun forno de arco eléctrico, pero tamén ás veces nun alto forno ou nun proceso de redución directa.Como e procseo Krupp-Renn, utiliado no Xapón para a produción de ferroníquel.
É de notar, a este respecto, que en 2004 o número de fornos rotatorios de redución directa operativos no Xapón era: en Hyuga: 2; en Pamco 3; en Nippon Yakin (en Oheyama): 2.
Os fornos de Nippon Yakin foron construídos en 1939 e son os únicos que non están asociados a un forno eléctrico de fusión.: Ashok D. Dalvi; W. Gordon , Bacon & Robert C. Osborne (2004): "The Past and the Future of Nickel Laterites". Inco Limited Ver en PDF .
As ferroaliaxes comercialízanse como ingredientes para a obtención de aliaxes na siderurxia.
Utilízanse nas acerías, onde o seu contido en ferro confírelle a densidade necesaria para estar mergullado no aceiro líquido.
As súas cualidades son coidadosamente seleccionadas en función do contido en metais non ferrosos, das impurezas que o produto final pode tolerar, así como o seu custo.
Principais aplicacións Industria automobilística; Industrias eléctrica e electrónica; Instrumentos hospitalarios; Industrias química e petroquímica.
Ferroaliaxes comúns
Ferroaluminio Ferrocromo Ferromanganeso Ferroniobio Ferrosilicio Ferrotitanio Ferrovanadio Ferrosilicomanganeso
Outras ferroaliaxes menos correntes
ferrofósforo ferromolibdeno ferroboro
Produción mundial Por tipo de ferroaliaxe + Produción mondial de ferroaliaxes en 2008, en miles de toneladas. Obtención en Alto forno Obtención en Forno de arco eléctrico Ferromanganeso 728 4 970 Spiegeleisen 12 Ferrocromo 7 840 Ferrocromosilicio 161 Ferroníquel 1 670 Ferroniobio 86,4 Ferrosilicio 7 320 Ferrosilicomanganeso 7 460 "Silicio metal"É dicir, un ferrosilicio moi puro, e non silicio metálico. Encóntrase este apelativo nos ferromanganesos. 609 Outras ferroaliaxesEntre elas, ferrósforo, ferromolibdeno, ferrovanadio, ferroboro, ferrotitanio. 53,5 5 210 Total 794 35 300
Por procedemento miniatura|centro|upright=1.8|lang=gl|Evolución da produción mundial de ferroaliaxes, por procedemento.En rosa: ferroaliaxes producidas en forno eléctrico.En azul: ferroaliaxes producidas en Alto forno.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Aliaxe
Categoría:Aliaxes Categoría:Ferro