Marta Jandová é unha cantante e actriz checa, máis coñecida por ser a cantante da banda de metal alternativo Die Happy. Ela representou á República Checa no Festival de Eurovisión 2015 con Václav Noid Bárta coa canción "Hope Never Dies".

En 2005, Jandová actuou coa banda finlandesa Apocalyptica e representou a Baden-Württemberg no Festival de Bundevisión 2005 coa canción "Wie weit", quedando 5ª con 77 puntos. Jandová volveu no Festival de Bundevisión 2007 con Neue Deutsche Härte da banda Oomph! representando á Baixa Saxonia coa canción "Träumst Du?", gañando o certame con 147 puntos. A canción conseguiu entrar no TOP 10 da lista da German Media Control.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Festival de Eurovisión 2015

Categoría:Cantantes da República Checa Categoría:Representantes da República Checa en Eurovisión Categoría:Nados en 1974 Categoría:Nados en Praga