A Sinfonía nº 9 de Mahler estreouse en xuño do 1912 pola orquestra filharmónica de Viena dirixida por Bruno Walter. Estrutura Trátase dunha obra puramente orquestral, dividida en catro movementos. Seguía, por tanto, o modelo clásico de sinfonía. Porén esta obra mostra unha tensión entre estrutura e estilo, propia das últimas obras de Mahler. Esta tensión exprésase a través das novas técnicas musicais atonais, que naqueles momentos estaban desenvolvendo paralelamente Arnold Schönberg e Anton Webern. Así, non existe unha tonalidade central que se distribúa uniformemente ó longo da obra, senón que Mahler varía constantemente as notas, buscando unha maior expresividade musical.
Os catros movementos que conforman a peza son:
Andante Comodo
Im Tempo eines gemächlichen Ländlers. Etwas täppisch und sehr derb
Rondo-Burleske. Allegro assai. Sehr trotzig
Adagio. Sehr langsam und noch zurückhaltend
Véxase tamén
Bibliografía Libreto CD: Mahler, Symphonie Nº9 pola Berliner Philharmoniker. Karajan Gold. Deutsche Grammophon
Categoría:Sinfonías de Gustav Mahler