José Díez de Isla, finado en Madrid o 21 de maio de 1928,El Pueblo Gallego, 22-5-1928, p. 2. foi un xornalista galego.

Traxectoria Fillo de José Díez de Isla, que foi interventor de Facenda de Pontevedra en 1895Ciudad, 10-9-1945, p. 1. e colaborou en El Impertinente. José Díez traballou en La Tribuna e La Prensa de Barcelona. Regresou a Galicia en outubro de 1924, foi redactor de Galicia e entrou a formar en parte do corpo de redacción de El Pueblo Gallego. Tamén colaborou en El Progreso. En Vigo artellou a Agrupación Talía e dirixiu un cadro de teatro e declamación. En decembro de 1927 marchou enfermo a Madrid,El Pueblo Gallego, 25-12-1927, p. 2. onde morreu ao ano seguinte.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Díez de Isla: xornalismo obreirista para o 1º de maio

Categoría:Xornalistas de Galicia Categoría:Finados en 1928